Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta clausura no IES Montecelo de Pontevedra as nove competicións do I Campionato Galego de Formación Profesional Básica
O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, asistiu á derradeira proba deste certame, na modalidade de Peiteado e Estética, no que tomaron parte 111 alumnos de toda Galicia e que contou con nove disciplinas atendendo aos distintos ciclos formativos
A Xunta informa mañá venres aos comerciantes de Monforte do novo programa de axudas por 6M€ para a transformación dixital e a modernización do sector
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participará nun networking sobre esta convocatoria que se celebrará a partir das 16 horas no centro cívico do Malecón
A Xunta convoca preto de 1 M€ en axudas aos grupos de desenvolvemento rural para deseñar novas estratexias participativas no marco do programa Leader
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que contempla as bases reguladoras destas achegas, cun orzamento de 840.000 euros que supón case triplicar o presuposto da anterior convocatoria de 2016
O número de persoas sen emprego sitúase en Galicia por primeira vez desde 2008 por debaixo das 150.000 persoas
A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, sinalou que a cifra de 146.120 desempregados é a menor nun maio de toda a serie histórica (1996)
A produción do Centro Dramático Galego ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais´ despídese o domingo na Estrada despois de 33 funcións en Galicia e Portugal
Estará desde hoxe ata o domingo no Teatro Principal estradense, cunha sesión inicial dirixida a centros de ensino e as outras tres para o público xeral
A Xunta financia a contratación de 63 perceptores da Risga en doce concellos das bisbarras de Pontevedra e Caldas cunha achega de 906.000€
O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou desta nova concesión, orientada a reforzar os servizos públicos e a garantir a inclusión social destas persoas desempregadas, tras unha reunión na que analizou a resolución definitiva coa xefa territorial de Promoción do Emprego e Igualdade, Marta Mariño
Galicia rexistra un total de 8.710 casos activos por coronavirus
Un total de 606.442 pacientes xa están curados
A Xunta propón que o estadio municipal de atletismo de Balaídos pase a denominarse ‘Alfonso Posada’ na súa homenaxe
O Goberno galego instalará un módulo de atletismo no IFEVI e xa lle trasladou ao Concello de Vigo a súa conformidade cos termos xerais da remodelación das pistas de Balaídos
A Xunta recibe aos touroperadores turísticos participantes nas feiras Salimat e Turexpo
Levaranse a cabo nas instalacións da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia a partir de mañá
Lete Lasa destaca as innovacións da 55ª edición do Rallye de Ourense que seguen mantendo vivas a "química e a maxia" de Estanislao Reverter
Terá lugar do 16 o 18 de xuño e conta cunha achega de preto de 16.000 euros da Xunta de Galicia