Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

01/06/22 | 13:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a comezos da próxima primavera os veciños de Valadares e de Pereiró, en Vigo, desfrutarán dunha estrada PO-330 máis segura, accesible e humana, cun investimento de máis de 1,8 M€

Vázquez Mourelle destaca que a actuación, nun treito de 7 km, ten como fin acadar a convivencia harmónica entre condutores e peóns nunhas zonas moi urbanas, atendendo ás demandas de veciños e comerciantes da contorna

01/06/22 | 12:53 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o labor da aula de produtos lácteos da Universidade de Santiago en liña coa aposta pola formación e investigación da estratexia de dinamización do sector

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias visitou as instalacións da USC co gallo do Día mundial do leite

01/06/22 | 12:52 | A Presidencia da Xunta

A Xunta leva investidos máis de 21M€ en material aos servizos de emerxencias da comunidade

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, fixo entrega hoxe de cadanseu camión de emerxencias Bomba Rural Pesada (BRP) aos GES de Muros e Ortigueira destinados a intervencións en incendios urbanos, forestais e industriais

01/06/22 | 12:48 | C. do Medio Rural

A Xunta remata a parcelaria da Braña, no concello lugués de Baleira, onde investiu preto de 1 millón de euros

Este proceso reorganizou unha superficie de 229 hectáreas, o que permitiu paliar o minifundismo presente na zona, dende o punto de vista da estrutura da propiedade

01/06/22 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de urbanización da primeira fase do Plan Director do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol fan necesario o corte parcial do tráfico rodado desde mañá

A Xunta destina case 910.000 euros a esta actuación, destinada a dotar de acceso viario a planta soto -2 proxectada na ampliación do complexo hospitalario, que se destinará a servizos auxiliares de lavandería e restauración

01/06/22 | 12:34 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta habilita o sistema de xiro postal para o pago das débedas tributarias

A Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) asina un convenio de colaboración con Correos para posibilitar a utilización deste sistema

01/06/22 | 12:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e Afundación reivindican a Galicia urbana cun ambicioso proxecto de sete exposicións sobre a identidade das principais cidade galegas

A iniciativa ‘Cidades no tempo’, comisariada por Manuel Gago e coa participación dun equipo de máis de 60 especialistas, representa unha das propostas expositivas máis complexas organizadas en Galicia

01/06/22 | 12:18

A economía social exporá o seu potencial no Salón da Alimentación de Silleda da man da consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Oito cooperativas mostrarán os seus produtos no expositor da Economía Social instalado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade no recinto feiral

01/06/22 | 12:16

A Xunta renova os convenios de colaboración coas tres universidades galegas para loitar nas aulas contra a desigualdade e a violencia de xénero

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destina un total de 120.000 euros aos tres acordos de colaboración, un investimento que se enmarca nos fondos e actuacións do Pacto de Estado

O acordo permitirá levar a cabo accións de formación permanente a docentes en prevención da violencia de xénero e a realización de campañas que teñan como público obxectivo a mocidade