Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

01/06/22 | 18:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza na implantación dunha nova aplicación de rexistro de policías locais

O director xeral de Emerxencias e Interior presidiu hoxe a reunión da Comisión de Coordinación de Policías Locais, na que se deu conta dos procesos selectivos dos últimos anos centralizados pola Xunta a través da AGASP

01/06/22 | 18:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega aos comerciantes da Mariña os apoios para que avancen na dixitalización e a modernización dos seus negocios

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta tarde en Ribadeo, en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), nunha xornada informativa sobre a nova convocatoria de axudas por 6 millóns de euros, cuxo prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o próximo 23 de xuño

01/06/22 | 17:58

A Xunta salienta a competitividade e capacidade de adaptación do sector pesqueiro galego aos novos hábitos dos consumidores

O Executivo galego ten en marcha diferentes proxectos como o programa Primare Lonxas 4.0 ou a marca pescadeRías para mellorar a eficiencia das transaccións comerciais e seguir apostando polo produto local

01/06/22 | 17:45 | C. do Medio Rural

A Xunta investirá preto de 1 M€ para axudar aos grupos de desenvolvemento rural a deseñar novas estratexias participativas de dinamización no marco do programa Leader

Inés Santé, que estivo acompañada polo director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, avanzou que o Diario Oficial de Galicia publicará mañá esta orde de achegas, cun orzamento de 840.000 euros que supón case triplicar o presuposto da anterior convocatoria de 2016

01/06/22 | 16:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O director de Industrias Culturais da Xunta presenta o programa ‘Territorio Cultura’ nun foro rural en Asturias

Galicia é a primeira Comunidade en poñer en marcha estas subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas a través de fondos europeos

01/06/22 | 15:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O secretario xeral de Política Lingüística comparte con outras comunidades o 'Proxecto Nós de intelixencia artificial ao servizo da lingua galega'

É a iniciativa estratéxica na que a Xunta e as tres universidades galegas están a traballar para conseguir a presenza do galego nas contornas dixitais

01/06/22 | 15:29

A Xunta adxudica 13 parcelas no polígono das Gándaras, bonificando en total 2,7 millóns de euros aos compradores

Suman case 44.000 m2 nos que se instalarán empresas da construción, transportes, alimentación ou un laboratorio de biotecnoloxía, entre outras

01/06/22 | 15:22

Trenor supervisa o resultado das obras de reforma da praza do centro sociocomunitario Isabel Zendal nas que a xunta investiu máis de 67.000 euros

Estas obras foron posibles grazas ao Plan Hurbe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para colaborar en proxectos municipais de humanización e creación de equipamentos públicos, mellorando a calidade de vida dos veciños