Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta de Galicia e DATAlife analizan a madurez dixital do sector primario a través do proxecto transfronteirizo Hiba
Durante o evento, organizado pola Axencia Galega de Innovación e o hub de innovación dixital DATAlife en colaboración con Big Data Value Association e o Clúster TIC Galicia, presentáronse os resultados da diagnose da industria agroalimentaria en materia de dixitalización para plantexar solucións dixitais orientadas ás necesidades do sector
A Xunta retoma as obras da vía Ártabra para concluír o enlace coa N-VI en Iñás, no concello de Oleiros
A Administración autonómica presentou dous recursos de casación ante o Tribunal Supremo fronte ás sentenzas sobre esta infraestrutura ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
A Xunta recibe as ofertas de 13 empresas para executar as obras de mellora do firme na LU-113 no concello de Abadín, cun investimento de máis de 2,5 M€
Rehabilitarase e acondicionarase o firme ao longo de 7,8 km, comezando á altura do enlace coa estrada LU-121 e rematando na conexión coa autovía do Cantábrico
Galicia despide unha primavera climatolóxica cálida e seca na que destaca a escasez de chuvias do mes de maio
Os modelos meteorolóxicos apuntan a que o período entre xuño e agosto será previsiblemente cálido e normal ou mesmo seco en canto ás precipitacións
A Xunta salienta en Barcelona a importancia do sector loxístico na boa marcha das exportacións galegas, que seguen a superar os rexistros históricos de 2021
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou na presentación da marca Galicia Logistics no ‘Salón Internacional de la Logística de Barcelona (SIL)’, onde resaltou que “sen un bo servizo loxístico, hoxe non poderiamos falar de que durante o último ano Galicia superou o récord histórico de exportacións, deixando atrás, por primeira vez, os 25.000 millóns de euros”
O conselleiro de Sanidade resalta a importancia de promover unha conciencia social proclive á doazón e o transplante entre os escolares galegos no Día Nacional do Doante de Órganos e Tecidos
Julio García Comesaña preside a entrega de premios do IV Concurso de Carteis para escolares e o VIII de Curtametraxes
A Xunta concede preto de 115.000 euros á mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol para financiar a unidade de atención temperá que xestiona a asociación Aspaneps
A asociación atendeu a un total de 158 nenos, con idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos residentes nos concellos de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño
A Xunta ofertará por primeira vez en Galicia o ciclo de grao medio de pedra natural no instituto Ribeira do Louro do Porriño na modalidade dual
Trátase dun ciclo de Industrias Extractivas, con pouca oferta en España, que permite incorporar dita familia profesional á oferta galega
A Xunta destina 797.000€ aos quince concellos do Salnés e Caldas para a mellora de camiños ao abeiro do Plan marco
O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou desta resolución nunha visita de supervisión ás obras realizadas coa anterior convocatoria en Portocanles e Busto, no Concello de Catoiraa, xunto ao alcalde, Alberto García
Rueda resalta o compromiso cunha Galicia con máis e mellores servizos para todos os galegos “vivan onde vivan”
Incide en que a atención aos maiores é competencia de todas as administracións