Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta de Galicia recoñece a calidade da praza de Vilagarcía de Arousa co selo de mercado excelente
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou a praza, que sinala como un “vector de dinamización do comercio e da economía local”
Rueda salienta a traxectoria do CHUS como referente nacional en cirurxía ocular, exemplo da aposta da sanidade pública galega pola innovación
Incide no compromiso do Goberno autonómico coa renovación integral do Servizo Galego de Saúde, con máis e mellores servizos
Galicia rexistra un total de 8.384 casos activos por coronavirus
Un total de 605.871 pacientes xa están curados
Rosa Quintana destaca o valor dos portos e do servizo de practicaxe na protección do mar
A titular de Mar agradeceu á organización que escollese a Vigo como sede do Congreso Anual de Prácticos de Porto e subliñou que é unha das capitais pesqueiras europeas por antonomasia
O Plan de conservación da Fraga de Catasós supera o último trámite previo á súa aprobación definitiva
Ángeles Vázquez acepta a petición do Cogamads de trasladarlle ao Goberno central a preocupación ante a decisión estatal de eliminar a participación pública na tramitación de certos parques eólicos, o que permitirá na práctica saltarse a avaliación ambiental
A Xunta participa na presentación da VI travesía Vila do Tea e destaca a calidade dos recursos acuáticos da nosa Comunidade
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro destacou a importancia da nosa comunidade como un destino inigualable para o desfrute do turismo acuático
A Xunta salienta en Ferrol a importancia da cooperación entre os axentes económicos para a creación de empresas, a mellora da competitividade e a atracción de investimentos
O director do Igape, Fernando Guldrís, intervén na clausura da xornada ‘Oportunidades para as empresas nos fondos Next Generation’, onde pon en valor que estes fondos deben contribuír ao desenvolvemento de proxectos transformadores no modelo produtivo
Medio Ambiente completa a renovación dos uniformes dos máis de 130 axentes adscritos á Consellería
Ángeles Vázquez subliña o “labor decisivo” que realiza este colectivo, como garantes da biodiversidade e do patrimonio natural que constitúen o sinal de identidade de Galicia
Galicia convértese en rexión anfitrioa da reunión do Comité Europeo das Rexións e da Conferencia Europea sobre Turismo Sostible
O Comité Europeo das Rexións celebra o 2 e o 3 de xuño en Santiago de Compostela a reunión da Comisión de Recursos Naturais (NAT) e a conferencia sobre turismo sostible co Camiño de Santiago como modelo de sustentabilidade