Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Rueda salienta o avance no desenvolvemento do Polo de Tecnoloxías Cuánticas a través da colaboración co Cesga e as tres universidades
Contará con 9,6 millóns de euros para impulsar a mellora da confidencialidade e a seguridade das comunicacións, un reto compartido con Madrid, Cataluña, País Vasco, Castela e León e o CSIC
Diego Calvo enxalza a Feira Abanca Semana Verde como compendio de tradición e renovación para dar a coñecer unha Galicia emprendedora e de vangarda
O vicepresidente segundo da Xunta, acompañado da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, presidiu hoxe a inauguración da 44ª edición da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que aspira a bater o seu propio récord de asistencia
Rueda destaca un investimento de máis de 20 M€ na adquisición de 26 novos TAC e tres PET
Salienta que a Xunta cumpre co obxectivo fixado de que todas as áreas sanitarias conten con TAC de tecnoloxía espectral e tamén renova os TAC dos sete hospitais comarcais de Galicia
Un total de 220 mulleres poderán incorporarse ao mercado de traballo a través do novo programa da Xunta dirixido ao rural e ao espazo urbano
A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, compareceu hoxe en comisión parlamentaria para explicar as características principais da nova iniciativa autonómica de apoio á muller
Martina Aneiros pon en valor o traballo de investigación da Xunta sobre a orixe dos restos urbanos atopados nunha parcela do Rexurbe en Ferrol Vello
A representante do Goberno galego agradeceu o traballo do arqueólogo pero fixo un chamamento á cautela. “Serán os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural os que teñan a última palabra nas decisións a adoptar sobre a parcela”, dixo
A Xunta destaca que Maker Faire Galicia demostra que é o talento o que fai posible a innovación
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na entrega de premios desta iniciativa que se celebra na Cidade da Cultura e que inclúe máis de 60 proxectos e máis de 80 charlas e talleres, tanto en liña como en formato presencial
O secretario xeral de Política Lingüística fai entrega dos premios do concurso de debuxo ‘Pepe Xan da Baña’
A Xunta agasalla cun lote de libros o alumnado gañador de todas as categorías
Arias felicita ao conservatorio de música Xoán Montes de Lugo por contribuír a dinamizar a vida cultural da cidade
O delegado territorial visitou o centro, dependente da Xunta, que ronda os 500 matriculados e imparte 19 especialidades
Fernández-Tapias inaugura en Vigo a exposición en homenaxe ás mulleres que lideran a defensa dos dereitos humanos
A delegada territorial da Xunta en Vigo participou no Calvario na apertura da mostra “De oficio, defensoras: fotografías e voces de activistas arredor do mundo” organizada pola Coordinadora Galega de ONGD