Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

31/05/22 | 12:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Ginés Cruz presenta ‘Palabras de piedra’, obra gañadora do I Premio Asubío de Novela co que colabora a Xunta

A publicación, narrada en primeira persoa, busca visibilizar a realidade de todas as persoas con Trastorno del Espectro Autista (TEA) e das súas familias

31/05/22 | 12:48

A Xunta asesora sobre as obrigas que teñen as empresas na prevención de riscos psicosociais e como levar a cabo a súa correcta xestión

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, presentou hoxe por videoconferencia a xornada formativa Criterio técnico de Inspección de Traballo sobre riscos psicosociais: que obrigas supón para as empresas? do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA)

31/05/22 | 12:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza no desenvolvemento da estratexia naval para dar resposta aos retos de futuro do sector en Ferrol

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta mañá unha reunión con representantes da industria naval de Ferrolterra

31/05/22 | 12:39 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a gratuidade da educación infantil contribuirá á economía dos fogares cun aforro medio anual de entre 1.500 e 2.000 euros por neno

Lembra que Galicia será a primeira comunidade de España na que a educación infantil será 100% gratuíta, xa sexa en centros públicos, en privados ou de iniciativa social

31/05/22 | 12:30 | C. de Sanidade

A Xunta construirá en Ribadeo un novo centro de saúde que superará nun 30% a superficie do actual

O conselleiro de Sanidade e o alcalde asinaron hoxe o protocolo que permitirá a cesión á Xunta da parcela na que se edificará a infraestrutura sanitaria

31/05/22 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Calvo destaca o traballo da Policía Autonómica para garantir a seguridade da cidadanía

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, visitou esta mañá as dependencias da Xefatura da Policía Autonómica de Galicia en Santiago de Compostela e os demais departamentos da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

31/05/22 | 12:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mellorará o firme da estrada AC-550 entre os núcleos de Brens e a Ameixenda, no concello de Cee

As obras, adxudicadas por máis de 48.000, comezarán nas vindeiras semanas

31/05/22 | 12:17 | C. do Medio Rural

A Xunta crea o sistema estrutural de mando operativo dentro do Pladiga 2022 para mellorar a organización, a coordinación e a eficacia do dispositivo anti incendios

José González destacou que dende a súa creación, o pasado ano, a Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) realizou xa un total de 242 dilixencias relacionadas, entre outras cuestións, coa posta a disposición xudicial de incendiarios

31/05/22 | 12:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra no Gaiás o maior evento ao redor da pandeireta cun milleiro de intérpretes na III edición do encontro galego de cultura popular ‘Serán03’

Regresa novamente baixo a dirección artística de Henrique Peón e cunha edición centrada nun dos instrumentos máis icónicos da nosa música e baile tradicional

31/05/22 | 11:38

A Xunta anima aos 219 concellos que forman parte da rede contra a violencia de xénero a constituír mesas de coordinación local para loitar contra esta lacra

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe á xuntanza da mesa de coordinación de Soutomaior, na que destacou a capacidade destes órganos para dar resposta áxil ás vítimas e optimizar o uso dos recursos dos que dispoñen