Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

30/05/22 | 13:03 | C. do Medio Rural

A Xunta constata a venda a perdas xeneralizada no sector de vacún de carne e intensifica as medidas para paliar esta situación

José González sinalou que estes resultados vanse trasladar aos asinantes do protocolo da cadea de valor da carne, coordinado pola Xunta, así como a necesidade de cumprir a lei neste eido

30/05/22 | 13:02 | C. do Medio Rural

A Xunta concede 55 traballadores a 35 concellos da área territorial de Pontevedra ao abeiro do programa‘Aprol rural’

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou da resolución desta orde de axudas nunha visita ao Concello de Cerdedo-Cotobade, que vai dispoñer de tres empregados cunha achega de máis de 44.000€, xunto ao alcalde, Jorge Cubela

30/05/22 | 12:56 | C. de Facenda e Administración Pública

O DOG publica hoxe a oferta de máis de 10.300 prazas no proceso de estabilización de emprego público

Do total de prazas, 8.701 faranse polo sistema de concurso de méritos e 1.635 a través dun concurso-oposición

30/05/22 | 12:52 | C. de Política Social e Igualdade

A unidade móbil de información para refuxiados ucraínos, impulsada pola Xunta, chega hoxe a Vilagarcía de Arousa

Estará situada na avenida da Marina, diante das antigas instalacións da Autoridade Portuaria

30/05/22 | 12:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e Parlamento de Galicia crean ‘Comparte’, un novo proxecto que permitirá levar a colección de arte da Cámara a distintas cidades e vilas

Está previsto que se organicen mostras na Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Madrid, ás que se poderán ir incorporando novas cidades

30/05/22 | 12:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda salienta a importancia da Lei do ciclo integral da auga para axudar aos concellos a xestionar os seus servizos de xeito ordenado e planificado

“Queremos ofrecerlles aos concellos ser os seus aliados nesta materia para ofrecer unha solución global á xestión dos vertidos e á calidade das augas”, di

30/05/22 | 12:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Contenciosos e Mercantil serán os primeiros xulgados que se trasladen á nova Cidade de Xustiza de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo acudiu este luns á nova infraestrutura xudicial xunto ao arquitecto Alfonso Penela

30/05/22 | 12:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto de construción da 2ª fase do acondicionamento da estrada AC-862, desde o Campo do Hospital ata a Ponte Mera, en Ortigueira

Actuarase en preto de 3 km desta vía autonómica para a mellora da seguridade viaria do tráfico rodado e dos demais usuarios da estrada, coa rectificación de 13 curvas de radio reducido, cunetas de seguridade e carrís lentos de adiantamento

30/05/22 | 12:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega aos comerciantes de Ourense os apoios para que avancen na dixitalización e a modernización dos seus negocios

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta mañá na Confederación Empresarial de Ourense (CEO) nunha xornada informativa sobre a nova convocatoria de axudas por 6 millóns de euros, cuxo prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o próximo 23 de xuño

30/05/22 | 12:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola calidade dos viños galegos para apoiar a proxección exterior do sector vitivinícola

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, participou hoxe na inauguración da 5ª edición do Salón Profesional do Viño en Galicia (Fevino), dedicada nesta volta aos viños no Camiño de Santiago con motivo do Xacobeo