Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destaca o enoturismo como motor de desenvolvemento sustentable do turismo na comarca de Valdeorras
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acudiu esta tarde á apertura das XI xornadas de portas abertas do Viño de Valdeorras, que terán lugar durante esta fin de semana no marco da iniciativa que se desenvolve ata o mes de xuño
A Xunta destaca en Viveiro a importancia dos premios AJE Galicia para reivindicar o carácter emprendedor da xuventude galega
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na entrega dos XI Premios Xove empresaria/o e Iniciativa emprendedora de Galicia
Sanidade confirma o primeiro caso de variola do mono en Galicia
A persoa afectada polo virus é un varón que pertence a área sanitaria da Coruña e Cee, e permanece illado no seu domicilio
O sendeiro Lourenzá-Burgueira de Oia incrementa as posibilidades da práctica de deporte ao aire libre e beneficiará ao turismo
A Xunta de Galicia achega o 80% da instalación da nova ruta circular de 12,5 quilómetros que contou cun orzamento de preto de 25.000 euros
A Xunta e o Goberno central acordan a asignación de 10,7M€ de fondos europeos a Galicia para a modernización da Administración da Xustiza
Na reunión de hoxe da conferencia sectorial entre o Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas aprobouse o reparto de fondos europeos Next Generation para a dixitalización da Administración de Xustiza que o Goberno central se comprometeu a liberar o próximo mes
A Xunta destaca o potencial da futura Lei da calidade alimentaria para impulsar no mercado os viños da Ribeira Sacra
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, asistiu aos actos da 26ª Cata organizada polo Consello Regulador
A Xunta aposta por unha maior coordinación entre as comunidades e o Goberno central para mellorar a eficacia da cooperación para o desenvolvemento
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou en Canarias no “I Encontro Monográfico sobre cooperación e migracións”
A oferta das universidades públicas galegas para o curso 2022/23 incorpora tres novos títulos de grao e dez novos mestrados
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades envía ao Ministerio de Universidades a proposta de prazas para o próximo curso, que foi consensuada coas tres universidades públicas galegas
A Xunta completa o programa Vexo Veo Xacobeo cun videoxogo a disposición dos colexios participantes
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no acto de clausura do proxecto “Camiña con Clementina peregrina” en Caldas
Política Social financiará as 24 prazas do centro ocupacional de Amipa, en Rois
O Goberno galego incrementará este ano as prazas públicas nesta instalación ata financiar a súa totalidade