Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

26/05/22 | 11:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega aos comerciantes coruñeses os apoios para a dixitalización e a modernización dos seus negocios

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta mañá nunha xornada informativa na Coruña sobre a nova convocatoria de axudas por 6 millóns de euros, cuxo prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o próximo 23 de xuño

26/05/22 | 11:15 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 9.539 casos activos por coronavirus

Un total de 600.588 pacientes xa están curados

26/05/22 | 11:11 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor os máis de 100.000 euros investidos no novo centro de día de Moaña para persoas maiores ao abeiro do programa Leader

A subvención -que cubriu o 70% do custo do centro- foi seleccionada a través do grupo de desenvolvemento rural Pontevedra-Morrazo, en beneficio da Asociación de familiares de persoas con alzhéimer e outras demencias do Morrazo (AFAMO)

26/05/22 | 10:55

A Xunta promove o consumo de produtos do mar como clave para que a poboación galega siga no liderado mundial en materia de lonxevidade

Rosa Quintana destacou o feito de que Galicia sexa unha voz lexitimada para reivindicar o papel esencial do peixe na dieta, dado que a Comunidade ostenta o segundo posto en poboación cunha esperanza de vida máis alta de España

25/05/22 | 20:54

Galicia demanda que o novo Fondo Europeo Marítimo-Pesqueiro poida ser aplicado de forma máis áxil e se adapte á realidade do sector

A Xunta expón as dificultades existentes na tramitación e na execución dos fondos pola superposición das normativas europea, estatal e autonómica non só relativas ao propio FEMP senón tamén á concesión de axudas e á súa tramitación

25/05/22 | 20:46 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma o seu apoio ao sector cárnico sumando ás axudas directas da pandemia o protocolo de entendemento entre a cadea de valor e a súa estratexia sectorial

José González lembrou que máis de 4.600 explotacións recibiron un montante total superior aos 7 millóns de euros, no marco das achegas polos efectos da covid-19 que tamén beneficiaron o sector da planta ornamental, da flor cortada e do viño

25/05/22 | 20:13

Un cento de traballadores de Barreras poderá acceder ao programa formativo de reciclaxe profesional posto en marcha pola Xunta e o Clúster Galego do Naval

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe no Parlamento as accións que está a adoptar o Goberno galego para incrementar as oportunidades laborais do persoal traballador do sector naval

25/05/22 | 19:55 | C. de Sanidade

Galicia contará nesta lexislatura cunha guía propia de atención á endometriose

Na actualidade, o Servizo Galego de Saúde dispón de consultas específicas de Endometriose en todas as áreas sanitarias, tras a posta en marcha da sétima na área de Pontevedra e O Salnés

25/05/22 | 19:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta pide ao Goberno que traballe co sector empresarial e as comunidades autónomas para contar cunha xestión áxil e útil dos fondos europeos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, respondeu esta tarde no Parlamento a dúas preguntas sobre a xestión dos fondos Next Generation e os apoios da Administración autonómica ao comercio

25/05/22 | 19:45 | C. de Sanidade

A Xunta esixe ao Ministerio de Sanidade un maior compromiso coa formación sanitaria especializada

O conselleiro de Sanidade valora que o Ministerio amplíe o cupo de facultativos extracomunitarios do 4 ao 10%, pero considera que a medida non é suficiente