Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta informa os comerciantes pontevedreses do novo programa de axudas por 6M€ para a transformación dixital e a modernización do sector
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta mañá nunha xornada celebrada na sede de APE Galicia para informar da convocatoria, aberta ata o próximo 23 de xuño
Fabiola García asegura que as ideas sobre residencias do Goberno central son irrealizables ao encarecer e dificultar o acceso aos coidados para os maiores
Indica que a proposta é inasumible e o Goberno central non garante o financiamen-to necesario para levala a cabo
A Xunta salienta en Vigo a oportunidade dos fondos europeos para impulsar a transformación industrial de Galicia a través da innovación, a sostibilidade e a dixitalización
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou na xornada 10 Temas estratéxicos para o futuro de Galicia, onde avogou por consolidar unha industria galega competitiva nun mercado global a través de “liñas estratéxicas que fortalezan un crecemento intelixente e sostible”
A Xunta destina preto de 828.000 euros a financiar a contratación de 79 perceptores da Risga en 36 concellos ourensáns
O delegado territorial explicou que a medida busca favorecer a inserción laboral destas persoas co obxecto de proporcionarlles experiencia e práctica profesional
A Xunta inicia a construción dunha senda peonil na estrada PO-548 en Cordeiro, no concello de Valga, cun investimento de 737.000€
O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde, José María Bello, visitou o comezo destes traballos, que teñen un prazo de execución de seis meses, polo que se agarda que queden rematados ao longo deste ano
Ana Abad de Larriva obtén a bolsa de dramaturxia impulsada pola Xunta e o sector teatral coa escrita ‘Bailar no ceo’
A actriz e dramaturga recibirá 6000 euros para a creación dun texto que será levado a escena como coprodución do Centro Dramático Galego
A Xunta e o concello de Mos analizan as alternativas para desenvolver vivendas protexidas no municipio
O Concello abrirá unha listaxe municipal na que poderán apuntarse as persoas que desexen solicitar este tipo de inmobles
O Conservatorio de Danza de Lugo, que ronda os 200 matriculados, acolle probas de acceso para o vindeiro curso
O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, salienta que “grazas ao traballo que fai día a día é un dos centros de referencia a nivel autonómico no eido da formación artística”
A Xunta presenta o Festival O son dos arrieiros no marco dos concertos do Xacobeo
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na rolda de prensa da presentación do Festival que nesta nova edición conta con artistas como Ortiga, A Banda da Loba ou Sleepy Space
A Xunta inicia as obras de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade no Complexo Universitario Hospitalario de Ourense
Actúase nos accesos deste hospital público co fin de favorecer a mobilidade, tanto de pacientes como de todo o persoal sanitario