Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

25/05/22 | 17:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta dota con preto de 850.000 euros unha nova liña de axudas para impulsar a modernización das salas de cine galegas

O Consello aproba as bases destas subvencións para proxectos de innovación, funcionamento dixitalizado e sustentable, creación e fidelización de públicos, e adaptación aos novos hábitos de consumo cultural

25/05/22 | 17:51 | A Presidencia da Xunta

Rueda avanza unha oferta de máis de 10.000 prazas no proceso de estabilización de emprego

Do total de prazas, 8.701 faranse polo sistema de concurso de méritos e 1.635 a través dun concurso-oposición

25/05/22 | 17:50 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca un investimento de 6,7 M€ para impulsar a conciliación das familias con menores de 16 anos ao seu cargo en Concellos, Anpas e entidades de iniciativa social

A iniciativa enmárcase dentro do Plan Corresponsables e ten como obxectivo que entidades locais, de iniciativa social e asociacións de nais e pais promovan servizos de coidado en dependencias públicas e domicilios para a atención das mozas e mozos

25/05/22 | 17:27 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o proceso participativo aberto para actualizar a Lei de montes veciñais en man común de Galicia

José González lembrou que se vén de pechar o prazo para que todos os interesados presentasen achegas á futura norma, recalcando que aínda non hai texto ningún para lograr este impulso dos montes veciñais recollido no Plan Forestal 2021-2040

25/05/22 | 16:15 | C. de Política Social e Igualdade

Mañá remata o prazo para anotarse nos campamentos de verán da Xunta de Galicia

O campamento ‘Deseña o teu futuro’ terá actividades diversas como a creación e edición de vídeo, realidade virtual, masterclass de creación de contidos web e app, así como outras tradicinais como tiro con arco, escalada ou xeolocalización

25/05/22 | 16:04 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta patrocina con 5.000 euros o Arousa Fútbol 7 que comeza a súa fase final este venres

O torneo que se celebra en Ribadumia conta “cun dos mellores carteis de fútbol base do mundo” configurado por equipos procedentes de España, Portugal, Bélxica, Francia, Inglaterra e Estados Unidos entre os que destacan o Real Madrid e o Barcelona, o Benfica e o Porto, o Genk, o París Saint Germain, o Manchester City ou o Dallas

25/05/22 | 15:10

A Xunta entrega 7.500 € en premios aos colexios gañadores da terceira edición do concurso ‘Pilabot’

Sagrario Pérez subliña o compromiso e o esforzo do alumnado participante por manter e mesmo superar as ratios de recollida acadadas nas dúas campañas anteriores, manténdose por riba das 50 tn e cunha media de 1,5 kg por cada alumno participante

25/05/22 | 14:42

A nova convocatoria da Xunta de accións formativas para persoas desempregadas priorizará os sectores con maiores perspectivas de traballo

A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, participou hoxe en Santiago de Compostela na clausura da asemblea xeral da Asociación Galega de Empresas de Formación (Cecap-Galicia), onde resaltou as novidades da nova orde de axudas

25/05/22 | 14:28 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social apoia a Pai Menni con máis de 3 millóns de euros para mellorar a atención das persoas con discapacidade

O Goberno galego financia prazas nos diferentes centros que conta a asociación e, ade-mais, achega fondos para poñer en marcha programas de inserción laboral e de inter-vención logopédica