Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta presenta o primeiro produto amparado polo selo de calidade de artesanía alimentaria
José Luis Cabarcos puxo en valor que se trata dunha cervexa ecolóxica producida por Kalinka Lagazós S.L., elaborada con ingredientes cultivados na propia explotación do operador (cebada e lúpulo)
Román Rodríguez convida a afondar na obra do fotógrafo Manuel Vilariño a través da mostra que dialoga coa colección do Museo de Belas Artes
Componse de imaxes de gran formato, vídeos e instalacións que suman 51 pezas entre as que destaca un esqueleto de balea que lle dá nome ao proxecto e fai referencia á novela ‘Moby Dick’
A Xunta concedeu en 2021 case 120.000 axudas por valor de 544 millóns de euros, das que o 87% corresponderon a empresas e persoas traballadoras autónomas
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, expuxo no Parlamento de Galicia algúns dos indicadores que evidencian o impulso que o Goberno galego está a dar ás políticas de emprego
A Xunta pon en valor a dinamización do turismo galego nunha conferencia internacional celebrada en Santiago
O Congreso organizado pola Asociación Internacional de Cooperación Turística (ASICOTOUR) ten lugar hoxe e mañá en Santiago
A Xunta continua traballando co Estado na loita antidopaxe
O secretario xeral para o Deporte e o director da CELAD repasaron o traballo realizado e os obxectivos marcados para o futuro na ‘Xornada de actualización Antidopaxe’ celebrada de xeito virtual a través da aula virtual da Escola Galega do Deporte coa colaboración da Unión de Federacións Deportivas Galegas
A Xunta destaca as posibilidades que ofrece a Lei de recuperación da terra agraria para impulsar a produción das catro indicacións xeográficas protexidas do viño galegas
Inés Santé lembrou que xa se están tramitando polígonos agroforestais para aumentar o cultivo de viñedo amparado polas denominacións de orixe Rías Baixas, Ribeiro e Monterrei, e que este potencial se podería trasladar tamén ás IXP vitícolas
Ao tempo, enxalzou o proxecto “Viños das IXP de Galicia”, no que participan seis grupos de desenvolvemento rural coordinados polo GDR Pontevedra-Morrazo e 15 adegas, e que recibiu unha axuda da medida Leader de preto de 90.000 euros
A Xunta traballa co sector na elaboración da Axenda de impulso da minería sustentable 2030 na que se apostará pola dixitalización e a innovación
A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta tarde en Oviedo no VI Congreso Nacional de Áridos
A Xunta ampliará o uso da Chave365 a persoas non residentes en España e incorporará a identificación por videoconferencia
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia publicou hoxe o proxecto de orde que permitirá estas modificacións, e que está aberto a suxestións ata o 16 de xuño