Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta comprométese a dar prioridade aos proxectos eólicos que subministren enerxía a Alcoa sempre que cumpran coa normativa
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes do comité de empresa da planta de San Cibrao na que se avaliou a situación da planta e as perspectivas de cara a futuro
Galicia contará coa primeira aula formativa de España sobre pesca sostible na Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira
A titular de Mar salientou que este novo contido formativo pretende chegar a todos os niveis educativos do centro e abarcará todo o proceso de captura dos recursos pesqueiros, desde que as embarcacións saen do porto ata o seu regreso a terra
Galicia oferta o seu récord de prazas para formación sanitaria especializada
Trátase dun total de 614 prazas, 71 máis que a oferta final da anterior convocatoria
A Xunta inicia as obras dunha nova senda peonil na estrada OU-312 en Bubaces, no concello de Lobios
A actuación conta cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros
A Xunta advirte de que o prazo imposto polo Goberno central para implantar o contedor marrón nos concellos de máis de 5.000 habitantes é inasumible
Ángeles Vázquez subliña que mentres as entidades locais de toda a UE terán ata o 31 de decembro de 2023 para introducir a recollida da fracción orgánica, a nova Lei de residuos estatal reduce este prazo en ano e medio e prevé multas de ata 100.000 €
A Xunta implantará o Bacharelato no instituto Pedras Rubias de Salceda de Caselas o vindeiro curso e investirá preto de 2,5 M€ na súa ampliación
Este verán habilitaranse dúas aulas para que 56 alumnos cursen estas ensinanzas a partir de setembro, como primeiro paso da ampliación que se iniciará a finais de ano
A Xunta colabora na mellora do local social da Asociación de Veciños Rebordechá de Xinzo de Limia
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as actuacións levadas a cabo a través das axudas do Goberno galego
O autobús de Coidados Porta a porta da Xunta remata o seu terceiro día de atención de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria en Mugardos
Durante os dous meses que leva en marcha este programa xa atendeu de xeito gratu-íto a máis de 4700 persoas maiores de 55 anos
A Xunta impulsa as políticas de emprendemento coa creación dunha nova Dirección Xeral dependente da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presidiu hoxe a toma de posesión da nova directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao
Galicia continúa sen casos confirmados da varíola do mono ao resultar negativas as tres primeiras mostras enviadas aos laboratorios
Nas últimas horas, a Dirección Xeral de Saúde Pública remitiu as mostras de dous novos posibles casos ao Instituto de Saúde Carlos III, ascendendo ata 5, o número total de persoas que presentaron un cadro compatible con esta infección