Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Preto de 200 espazos da Rede de bibliotecas públicas de Galicia benefícianse das axudas da Xunta para a adquisición de novidades editoriais
As contías van dos 392 aos 2.745 euros en función da poboación atendida polos respectivos servizos bibliotecarios
A Xunta informa este luns aos comerciantes de Ourense do novo programa de axudas por 6 M€ para a transformación dixital e a modernización do sector
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participará nun networking sobre esta convocatoria que se celebrará a partir das 10 horas na Confederación Empresarial de Ourense
Os residentes das Gándaras inician o luns o ciclo de entrevistas ‘Pulsamos Lugo’ a persoas de distintos ámbitos da sociedade
Esta actividade de lecer organizada pola Delegación Territorial da Xunta busca estimular a participación das persoas maiores que viven no centro, que manterán encontros con representantes dos eidos xornalístico, deportivo, sanitario, político e social
A Xunta inicia coa cooperativa CLUN unha rolda de contactos co sector lácteo para facer balance das medidas implementadas ao abeiro da estratexia sectorial
Os representantes de Medio Rural constataron os avances na rendibilidade dos socios da cooperativa, grazas á suba do prezo do litro de leite e á aposta de CLUN polos produtos con valor engadido, en liña cos obxectivos da Estratexia do Goberno galego
O conselleiro de Educación reúnese con auxiliares de conversa ucraínas para facilitar a súa integración no sistema educativo galego
A metade delas renunciaron ao destino que lles adxudicou o Ministerio de Educación, dado que o Goberno central asignou os centros sen ter en conta a realidade xeográfica da Comunidade galega
Sanidade aproba as bases da III Edición dos Premios de Innovación no sistema público de saúde de Galicia
A finalidade dos premios é incentivar as ideas de innovación dos profesionais sanitarios no ámbito da Consellería de Sanidade e no seu sector público no presente ano, así como as dos pacientes e as súas asociacións
A Xunta informa o próximo martes aos comerciantes de Ferrolterra do novo programa de axudas por 6M€ para a transformación dixital e a modernización do sector
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participará nun networking sobre esta convocatoria que se celebrará a partir das 16 horas no Ateneo Ferrolán
Galicia e o condado de Miami-Dade estreitan os seus lazos comerciais e buscan novas oportunidades para o tecido empresarial
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana un encontro en Vigo con representantes de Miami Dade Beacon Council, responsable do desenvolvemento económico desta área clave para as relacións empresariais con Estados Unidos e o mercado latinoamericano
Galicia rexistra un total de 9.701 casos activos por coronavirus
Un total de 602.031 pacientes xa están curados