Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O 061 de Galicia asistiu 58 persoas por 49 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 27 de maio ata as 23,59 horas do domingo, 29 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 65 chamadas por accidentes de tráfico
A Xunta e o Concello de Frades investirán máis de 156.000 € en humanizar a contorna dos núcleos municipais de Papucín e Fonte Santaia
A intervención centrarase nas vías que conducen aos centros de ambas parroquias, onde se habilitarán sendas peonís, se introducirán canalizacións para a auga e o alumeado, e se colocará unha estrutura para cubrir os contedores de lixo existentes
O Sergas publica as puntuacións definitivas do primeiro proceso de xeración de listas para a formalización de nomeamentos temporais como técnico de saúde de atención primaria
Neste procedemento resultaron admitidas 140 persoas
A Xunta asina co concello de Tomiño o convenio polo que Augas de Galicia continuará a xestionar a depuradora do municipio, destinando un investimento de máis de 400.000 €
A Xunta mantén o apoio á entidade local nas súas competencias para garantir o funcionamento da depuradora, tras destinar desde 2005 case 3,2 M€ á xestión desta planta de tratamento de augas residuais
A Xunta alleou 19 lotes de madeira por preto de 640.000 euros na última poxa pública electrónica celebrada na Coruña
Os importes acadados veñen confirmar a suba de prezos da madeira de coníferas avanzada en anteriores poxas, sendo previsible que continúen á alza no futuro debido a que esta madeira está sendo moi demandada internacionalmente
A Xunta destina 50 millóns de euros á cualificación profesional de máis de 12.000 persoas desempregadas en Galicia
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde dirixida a que centros de formación profesional para o emprego ofrezan máis de 1.200 cursos
Galicia rexistra un total de 8.847 casos activos por coronavirus
Un total de 603.802 pacientes xa están curados
A Xunta destina máis de 250.000 euros ao mantemento da casa de acollida de Ourense que xestiona Amaranta e que acubillou desde 2019 a 60 mulleres e 50 menores
Galicia conta con 3 casas de acollida, 3 vivendas tuteladas e un centro de emerxencia que ofrecen 84 prazas temporais de acollida ás mulleres e ás súas fillas e fillos e que están situadas na Coruña, Vigo, Ourense, Ferrol, Lugo, Burela e Chantada
A Xunta achega máis de 500.000 euros á posta en marcha de programas de voluntariado xuvenil e sénior
Farase a través de tres convocatorias de axudas destinadas a entidades de acción voluntaria e locais así como a entidades de carácter privado