Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta reforza a dotación de equipamento dos GES de Brión, Avión e Folgoso do Courel coa entrega de tres furgóns de emerxencias
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, fixo entrega hoxe de cadanseu vehículo 4x4 equipado para o transporte de auga na extinción de pequenos incendios e de material a intervencións en zonas de difícil acceso
Conde destaca que o programa Oportunius permite captar e reter en Galicia aos investigadores con maior prestixio da UE
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinala que a Xunta apoiará a contratación este ano de dous novos Oportunius, sumando deste xeito 11 desde a posta en marcha da iniciativa
A Xunta apoia a presenza e a promoción dos produtos do agro e do mar de Galicia na feira Salimat de Silleda
Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, inclúe baixo o seu paraugas un total de 34 empresas de subsectores como os queixos, os xeados, os viños, as conservas ou a repostería
A Xunta colabora coa gala dos premios de teatro María Casares na que a lembranza da actriz no seu centenario será o eixo temático
O director de Industrias Culturais participa na presentación da cerimonia, que terá lugar este xoves no Teatro Rosalía Castro da Coruña baixo a organización da Asociación de Actores e Actrices de Galicia
A Xunta adxudica por máis de 705.000 euros as obras de ampliación da rede de saneamento municipal de Coirós
Executaranse 16 novos tramos de colectores e unha estación de bombeo para sanear os núcleos de Agra-Figueiras, en Santa Mariña de Lesa, e de Colantres e Queirís, conectando estas novas redes de saneamento coas xa existentes
A exposición de rúa coa que a Xunta celebra o centenario de María Casares chega a Ferrol
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, inauguran na praza da Constitución a mostra ‘100 % María Casares. O teatro é o refuxio’
A Xunta continúa coa entrega de novas marquesiñas de trasporte público a sete concellos da provincia de Ourense
Instalaranse trece unidades nos concellos de Bande, Maceda, O Carballiño, O Pereiro de Aguiar, Punxín, Sandiás e Verea
Gabriel Alén fixo un chamamento aos escolares e á toda mocidade da provincia para colaborar na loita contra o tabaquismo
O delegado territorial subliñou as actuacións de prevención, promoción o tratamento do tabaquismo, realizadas pola Xunta de Galicia dentro do Programa galego de vida sen tabaco
A Xunta planifica un investimento de máis de 25 millóns en grandes infraestruturas educativas de Vigo ata 2025
A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou este luns o novo taller de fotografía do IES Audiovisual de Bouzas construído cunha achega de 42.000 euros da Consellería de Educación
Ethel Vázquez avanza que a Xunta investirá 500.000 € na construción dunha nova senda entre O Peteiro e O Baño, que estará á disposición dos veciños e visitantes de Mugardos no verán do vindeiro ano
Vázquez Mourelle detalla que o proxecto estará en información pública ata o 12 de xullo e que as obras se licitarán en outono para comezalas a inicios do próximo ano