Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

03/12/22 | 12:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez loa o papel do Ano Laxeiro por levar o nome de Lalín a prestixiosas institucións culturais de Madrid e París

O titular de Cultura da Xunta salienta a ampla programación desenvolvida este ano e a alta carga simbólica e sentimental que supón a mostra na vila natal do autor

03/12/22 | 12:10 | C. do Medio Rural

A Xunta fará en 2023 unha nova convocatoria de axudas para certames de gando bovino selecto

José González explicou que o obxectivo destas achegas é apoiar a promoción e difusión dos certames de gando bovino selecto criado en pureza en Galicia, incluíndo poxas e concursos oficiais
 

03/12/22 | 11:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias informa a veciñanza de Teis sobre o Plan de acción 2022-25 da Xunta para a ETEA cun investimento de 49 M€ e a dotación de aseos, cafetería e mantemento

A delegada territorial explicou aos colectivos veciñais, culturais e deportivos o acordo do Consello da Xunta para o desenvolvemento do ámbito a través de catro consellerías
 

03/12/22 | 11:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o comité de empresa das Pontes coinciden na necesidade de que o Goberno aclare a situación da central térmica e a capacidade do nó de evacuación


O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado pola secretaria xeral de Industria, Paula Uría e a directora xeral de Formación para o Emprego, Zeltia Lado, reuniuse cos representantes dos traballadores cos que concordou na importancia de que se convoque a Mesa das Pontes, que non se xunta desde xuño de 2021

03/12/22 | 11:30 | C. de Sanidade

Galicia captou este ano 10 residentes de Medicina de Familia provenientes doutras comunidades

O conselleiro de Sanidade suliñou que neste 2022 o 90% dos residentes que remataron o MIR de medicina de familia en Galicia foron contratados polo Sergas

03/12/22 | 11:23 | C. de Sanidade

A Xunta adquire por 6,1 millóns de euros 9 novas gammacámaras para os hospitais públicos galegos

8 destes equipos renovarán equipamento antigo mentres que 1 supón unha ampliación ao incorporarse ao novo servizo de medicina nuclear de Pontevedra

03/12/22 | 11:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta culmina en México o calendario internacional das feiras do libro tras reforzar este ano a promoción do sector editorial galego en Europa e América

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades recuperou a actividade exterior con presenza nas principais citas editoriais de Italia, Arxentina ou Alemaña

03/12/22 | 10:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Doce estudantes conseguen os premios da Xunta de Fin de Carreira de Ensinanzas Artísticas Superiores e os Extraordinarios de Artísticas Profesionais

Ambas modalidades teñen como obxecto recoñecer o esforzo e dedicación do alumnado cunha traxectoria excelente nestes estudos

02/12/22 | 20:10 | A Presidencia da Xunta

Rueda anima a visitar este Nadal o Belén de Begonte que celebra o seu cincuenta aniversario

O presidente da Xunta asistiu á inauguración desta instalación, declarada de Interese Turístico Galego e que atrae cada ano ao redor de 40.000 visitantes a esta vila chairega