Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta formará a persoas traballadoras en prevención do acoso laboral grazas á colaboración coa Unión Profesional de Galicia e Agaxen
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou convenios con Unión Profesional de Galicia (UP) e a asociación de profesionais da auditoría sociolaboral de xénero (Agaxen) coas que ofertará cursos telemáticos
Diego Calvo coñece as melloras de habitabilidade nos núcleos de vivendas de San Pedro de Macorís de Republica Dominicana que a Xunta apoiou nos últimos anos con máis de 804.600€
O vicepresidente segundo visitou os “bateyes” de La Balsa e La Cubana nos que, xunto co de Olivares, as ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz e AGARESO traballaron nos últimos anos para ofrecer vivendas dignas e avanzar na defensa dos dereitos humanos dos seus máis de 1.300 habitantes
Rueda reedita o compromiso da Xunta en seguir traballando na consecución da igualdade real en Galicia
A partida para esta área increméntase un 42% nos Orzamentos de 2023
A Xunta avanza nas obras do búnker de radioterapia do Hospital Público de Montecelo co obxectivo de que estean rematadas este ano
Esta estrutura ten unha superficie en planta rectangular de 430 m² e na súa construción estanse a empregar 1.225 m³ de formigón e máis de 120 toneladas de aceiro
A Xunta presenta a orde de axudas para actuacións de eficiencia enerxética nos aloxamentos turísticos
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou os Nidos de Carnota, onde expuxo a importancia da eficiencia enerxética no ámbito turístico, xa que contribúe á sostibilidade económica e medioambiental
Lorenzana visita dous proxectos da Fundación Paideia e pon en valor o seu compromiso co emprendemento e a inserción laboral das persoas con máis dificultades
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade coñeceu o centro de iniciativas empresariais Mans que ten esta entidade no polígono de Pocomaco da Coruña e o Centro Especial de Emprego Trébore de Mera (Oleiros)
A Xunta licita as obras de acondicionamento do punto de encontro familiar da Coruña, que contarán cun investimento de preto de 540.000 euros
Os traballos, que terán un prazo de execución de seis meses, permitirán trasladar o servizo do Edificio A do complexo do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) da Coruña, ao Edificio F, para contar con mellores instalacións
A secretaría xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega reforzarán a dixitalización de fondos de sociedades do exterior
No marco da reunión entre os representantes de ambas entidades fíxose un balance das actividades desenvolvidas en colaboración ao longo deste ano
A Xunta salienta o valor do deporte como ferramenta para a inclusión das persoas con discapacidade
O Goberno galego incrementa nun 16% os fondos destinados á atención á discapacidade no orzamento de 2023, ata superar os 165 millóns de euros