Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Museo das Peregrinacións e de Santiago recupera e actualiza a obra de Sucasas sobre o fenómeno Xacobeo na nova exposición coa que pecha este Ano Santo
Comisariada por Pilar Corredoira, inclúe medio cento de pinturas, debuxos, bosquexos e documentos que preparou o artista lalinense para as mostras do Xacobeo 1993
Lete Lasa reivindica a categoría do Guardés na xornada de portas abertas da renovación da Sangriña na que a Xunta inviste medio millón de euros
Celebra que esta actuación estea a piques de rematar xa que a situación do Mecalia Atlético Guardés, un dos “equipos senlleiros da nosa comunidade”, precisaba unha resposta inmediata
A Xunta colabora na homenaxe póstuma ao profesor Basilio Losada coa publicación do libro ‘Cátedra dunha Galicia Universal’
O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación deste traballo impulsado pola Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña e ao que contribuíron compañeiros como Xesús Alonso Montero, Miguel Ángel Santalices ou Víctor F. Freixanes
Lete Lasa confirma a “recuperación do programa Xogade” no cross zonal do Condado-Paradanta no que participaron 357 nenos e nenas
A edición da tempada pasada rexistrou un total de preto de 156.000 participacións nas diferentes modalidades grazas a participación de 117.000 rapaces e rapazas, o que representa que pouco a pouco vanse recuperando as cifras de participación pre pandemia
Galicia abandona a mesa de traballo do Ministerio de Educación sobre a nova ABAU ante a negativa do Goberno central a escoitar as propostas autonómicas
A Xunta comparte esta decisión con outras comunidades xa que o Goberno do Estado non ten en conta ningunha das principais achegas construtivas que lle foron elevadas
A Xunta traballa para que o primeiro centro público de atención á discapacidade de Ourense entre canto antes en funcionamento
Formará parte da rede autonómica e ofertará ás familias 110 prazas públicas: 80 residenciais e 30 de atención diúrna
A Xunta defende que a planificación eléctrica e o desenvolvemento da eólica son claves para garantir a competitividade da industria galega
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinala no Parlamento que estes dous aspectos son fundamentais para que empresas como Alcoa ou Stellantis sigan tendo futuro, e para que se poidan implantar novas iniciativas como a de Altri, Showa Denko ou Sentury
A Xunta ofrece a súa estratexia de emprego ‘Xempre’ ao sector da hostalaría e o turismo para formar e cubrir vacantes con persoal cualificado
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro coa Confederación Empresarial de Hostalería e Turismo de Galicia