Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

02/12/22 | 15:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta constrúe unha senda peonil na estrada LU-530 entre Carballido e Manzoi, no concello de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explica que o Goberno galego inviste 185.000 euros para facilitar o tránsito a pé en condicións de seguridade nun treito da vía autonómica que coincide co Camiño Primitivo

02/12/22 | 15:33

A Xunta comparte a experiencia de Sogama coa Asociación para a xestión de residuos en Portugal

Sogama e Esgra abordaron cuestións vinculadas á innovación tecnolóxica ambiental, a dixitalización, a eficiencia e a loita contra o cambio climático a través da xestión sostible dos residuos municipais

02/12/22 | 15:33 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta clausura o programa ‘O Teu Xacobeo’ con 66 eventos que mobilizaron 2 M€ na área de Pontevedra norte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informou desta convocatoria sociocultural, a maior da historia de Galicia, nun encontro con representantes de asociacións, clubes, empresas, concellos e artistas participantes no albergue de peregrinos de Briallos
 

02/12/22 | 15:21

A Xunta reforza a loita contra a violencia de xénero cun novo marco legal que loitará contra a discriminación múltiple e recoñecerá dereitos ás mulleres rurais e do mar

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou na xuntanza da mesa local contra a violencia de xénero de Melide

02/12/22 | 15:12 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste preto de 50.000 euros na mellora da rede viaria dos lugares da Falmega e do Curro, no concello coruñés de Oroso

A axuda foi concedida ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas

02/12/22 | 15:04

A Xunta traballa na prestación dun servizo de práctico no porto de Cee que sexa sostible desde o punto de vista técnico e económico

A conselleira do Mar lembra que este peirao recibe unha media dun barco cada cinco días, o que obriga a Portos de Galicia a aboar compensacións ao práctico por non chegar aos ingresos mínimos fixados no contrato

02/12/22 | 14:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca a “consolidacion” do Concurso de Corda “Cidade de Vigo” como “referente nacional” para os novos talentos da música

A delegada territorial da Xunta en Vigo e o de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participaron este venres na presentación da undécima edición do certame que se celebrará entre o 8 e o 11 de decembro no Conservatorio Superior de Música

02/12/22 | 14:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta salienta que os axustes na liña de autobús acurtaron en 45 minutos a viaxe entre Boimorto e A Coruña e adaptáronse ás necesidades dos usuarios

Vázquez Mourelle explica que o percorrido entre as cabeceiras da liña pasou de 2 horas e 25 minutos a 1 hora e 40 minutos e adiantouse en 5 minutos a saída do autobús en orixe, das 7:15 horas ás 7:10

02/12/22 | 14:42 | A Presidencia da Xunta

Rueda valora a cooperación entre Galicia e Castela e León como clave para demandar infraestruturas competitivas para o noroeste e un financiamento autonómico xusto

Reivindica ao Goberno central que aposte por infraestruturas fundamentais como o Corredor Atlántico: “Reclamamos o que nos corresponde e o que é de xustiza”, advertiu
 

02/12/22 | 14:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez lembra que o Concello de Oleiros ten sobre a mesa unha proposta para mellorar a seguridade viaria da AC-173 no Couto cunha achega da Xunta de 300.000 €

Vázquez Mourelle reitera que a Xunta lle propuxo ao Concello asumir a titularidade deste tramo da AC-173, para facilitar o cambio de tipoloxía de vía de interurbano a urbano, e que se poidan adoptar medidas para a seguridade dos peóns