Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

02/12/22 | 13:31 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala a necesidade de implicar a toda a sociedade no avance cara unha Galicia máis inclusiva coas persoas con discapacidade

Destacou o apoio que a Xunta presta a estas persoas e ás súas familias en todos os seus pasos vitais: na infancia, na etapa educativa ou no acceso ao mundo laboral

02/12/22 | 13:29

O centro de formación A Aixola cumpre 25 anos capacitando a máis de 2.000 persoas nos oficios do mar

Desde a súa apertura en 1997 por parte da Consellería do Mar, o alumnado beneficiouse dos arredor de 150 cursos impartidos nas diferentes convocatorias
 

02/12/22 | 13:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá máis de 1,3 M€ nas obras da 1ª fase de mellora integral da travesía de Teixeiro, en Curtis, que se iniciarán na primavera

Ethel Vázquez explica que as obras prevén a renovación das beirarrúas e do firme da travesía e a mellora das redes de saneamento, que se atopan en mal estado e ocasionan problemas e molestias aos vehículos e os peóns
 

02/12/22 | 13:19

Galicia acada a cifra de paro máis baixa de toda a serie histórica nun mes de novembro

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, valorou hoxe os datos do paro rexistrado destacando que o desemprego cae por segunda vez na Comunidade nun novembro de toda a serie histórica (1996) na comparativa mensual
 

02/12/22 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo visitará esta semana en República Dominicana proxectos financiados pola cooperación galega

O vicepresidente segundo da Xunta coñecerá os proxectos levados a cabo no país a través de ONGD como Asemblea de Cooperación pola Paz, AGARESO ou as fundacións Balms para a infancia, ou Intered
 

02/12/22 | 13:07

Preto de 190 voluntarios limparán nos próximos días 12 montes e sendas dentro da campaña apoiada pola Xunta ‘1m2 contra a basuraleza’

Esta nova acción de voluntariado enmárcase no proxecto Libera, impulsado a nivel nacional para concienciar sobre a basuraleza e reducir o lixo en espazos naturais
 

02/12/22 | 12:54 | Axencia de Turismo de Galicia

Martina Aneiros pon en valor as 7 iniciativas do programa O Teu Xacobeo que mobilizaron case 100.000 euros nas comarcas de Ferrol e Eume

A delegada territorial da Xunta en Ferrol deu conta esta mañá do balance deste programa da Axencia de Turismo de Galicia que concedeu máis de 68.000 euros en axudas na zona

02/12/22 | 12:09 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa varias obras complementarias da parcelaria de Mondoñedo Norte

As actuacións serán de mellora, adecuación e ampliación de diferentes camiños da concentración
 

02/12/22 | 11:53 | C. de Sanidade

O Sergas ofrecerá contratos de continuidade de tres anos de duración

A Consellería de Sanidade segue a promover a estabilidade dos postos de traballo para garantir unha asistencia continuada de calidade nos diversos centros sanitarios, a través do cumprimento coas súas necesidades específicas