Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Rueda salienta o reforzo da Xunta na atención ás persoas maiores, cun orzamento duns 440 M€ para 2023
Defende o novo modelo de residencias que está a desenvolver a Xunta e que se procura converter nun referente para toda España
Máis de 4.000 alumnos de 174 centros educativos participarán nas probas de certificación en linguas estranxeiras financiadas pola Xunta
As probas, dirixidas a estudantes de 4º de ESO, Bacharelato e FP dos colexios e institutos seleccionados na convocatoria, poden consultarse no Portal Educativo
Gabriel Alén destaca a implicación da sociedade galega no éxito do programa ‘O Teu Xacobeo’
O delegado territorial destacou o éxito deste programa, que conta con tres convocatorias que sumaron un total de 689 proxectos concedidos cun investimento de 9,5 millóns de euros
A Cidade da Cultura presenta un nadal con obradoiros, teatro, visitas especiais e unha edición renovada do Galiverso para gozar en familia
A Xunta comeza o 16 de decembro o ‘Nadal no Gaiás’ co acendido das luces e a apertura do ‘Bosque de papel’, unha instalación que nos traslada ao interior dunha fraga invernal habitada por raposos, coellos, paxaros e flores
O 061 de Galicia asistiu 60 persoas por 47 accidentes de tráfico durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 2 de decembro ata as 23,59 horas do domingo, 4 de decembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 59 chamadas por accidentes de tráfico
A Xunta publica no DOG o complemento autonómico para as persoas con pensións non contributivas
O Goberno galego destina case 8 millóns de euros ao pago desta axuda extraordinaria que reciben ao redor de 37.000 persoas na nosa comunidade
A Xunta colabora con tres entidades do sector da discapacidade para formar o seu persoal en igualdade laboral e perspectiva de xénero
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou convenios coa patronal galega da discapacidade intelectual (Aedigal), a asociación galega da discapacidade In-Red, e a de Centros Especiais de Emprego (Aspais)
Galicia rexistra un total de 1.222 casos activos por coronavirus
Un total de 682.110 pacientes xa están curados
A Xunta avanza na tramitación do campus de I+D do Grupo Santos como proxecto de interese autonómico
A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, mantivo unha reunión con representantes da empresa -líder no sector do deseño, fabricación e comercialización de mobles de cociña- para abordar os seguintes pasos