Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Trenor felicita ao colexio Franciscanas polos seus 25 anos ao servizo dos coruñeses
O delegado da Xunta na Coruña participou esta mañá nos actos de celebración do aniversario deste centro educativo da cidade da Coruña
Román Rodríguez subliña que a transformación dixital abre oportunidades para avanzar na integración e na igualdade no sistema educativo
Ao abeiro da Estratexia Educación Dixital 2030, dotada con 120M€, a Xunta ten en marcha un conxunto de iniciativas dirixidas a mellorar as competencias dixitais entre os estudantes de todas as etapas
Convocado o V Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea
O Diario Oficial de Galicia publica as bases do galardón outorgado polo Centro Galego de Arte Contemporánea, cunha dotación de 3000 euros
Comezan os grupos de traballo para poñer en marcha as actuacións do Proxecto Stellae 5.0 para a xestión do patrimonio dixital vinculado ao Camiño
Dixitalización, desenvolvemento dunha infraestrutura TIC propia, creación de contidos culturais, formación e emprendemento, son os eixos do proxecto que abordaron os focus group ao longo desta semana
A Xunta suma a través do programa ReAcciona case 600 solicitudes para impulsar proxectos que melloren a competitividade das pemes galegas
O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución da primeira convocatoria das tres lanzadas este ano, para facilitar o acceso a servizos de alto valor engadido co apoio de expertos en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a profesionalización, a dixitalización ou a innovación
O Servizo Público de Emprego Galicia estrea o 2 de maio a oficina única, que permitirá facer xestións ante calquera dos seus centros
Con esta medida, a Xunta facilita aos usuarios realizar os trámites vencellados coa demanda de emprego en calquera das 54 oficinas existentes en Galicia
A Xunta organiza a vindeira semana o I Congreso internacional de innovación "spin rural"
O programa do evento -que ten un aforo limitado- abrangue charlas, mesas redondas, encontros de negocio e conversas entre expertos na materia, así como degustacións comentadas de produtos galegos de calidade diferenciada e outras citas lúdicas
A Xunta mellora desde o martes os servizos de autobús entre Mazaricos e Noia coa ampliación ata A Picota dunha das liñas
A prolongación do itinerario entre O Pino de Val e A Picota facilita, principalmente, os desprazamentos dos estudantes de Mazaricos ata os institutos de Noia