Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

29/04/22 | 14:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta subliña que as Comunidades Autónomas deben seguir tendo voz ante os desafíos do despoboamento en España

No 2021 aprobáronse as dúas primeiras leis autonómicas, en xaneiro a de Galicia e en maio a de Castela-A Mancha, destinadas a blindar medidas que axuden a reverter os seus efectos

29/04/22 | 13:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a UMI Navantia-UDC contribúe coas súas solucións tecnolóxicas a avanzar na construción das fragatas F-110 e a traballar polo futuro de Navantia Ferrol

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asistiu esta mañá en Ferrol ao peche desta Unidade Mixta de Investigación (UMI) centrada no estaleiro do futuro

29/04/22 | 13:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xesús Fraga, María Canosa, Alba Cid e Laura Romero levan a literatura e a ilustración galega á Feira do libro de Bos Aires

A Xunta organiza distintas accións que, ademais de promover as letras no exterior, as divulgan entre os lectores máis novos en centros educativos

29/04/22 | 13:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego inicia en Cee a xira do espectáculo ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais´

O director da unidade teatral da Xunta, Fran Núñez, participa na presentación da montaxe, que estará no Auditorio Baldomero Cores do 5 ao 8 de maio con todas as funcións inclusivas

29/04/22 | 13:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta entrega novas marquesiñas de trasporte público a tres concellos da provincia de Ourense

O delegado territorial explicou que na provincia de Ourense instalaranse cinco unidades, a colocada hoxe en Castrelo de Miño, dúas no concello de San Cibrao das Viñas e outras dúas no concello de Esgos

29/04/22 | 12:29

Galicia advirte a Bruxelas de que as propostas para limitar a pesca de fondo ameazan máis do 20% dos barcos e un terzo dos empregos da frota artesanal

O documento acredita que as posibles restricións a esta frota afectarían a preto de 900 embarcacións de artes menores e 2.100 profesionais que capturan ao ano máis de 21.000 toneladas de produtos do mar e facturan arredor de 120 millóns de euros

29/04/22 | 12:24 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

As redes de formación dixital españolas promoven dende Galicia a inclusión tecnolóxica das persoas maiores

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia acolle a presentación das actividades do Día de Internet en España 2022, dedicado ás “Tecnoloxías dixitais para as persoas maiores e o envellecemento saudable”

29/04/22 | 12:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca as axudas á distribución e promoción exterior da música e as artes escénicas galegas

Mantense a súa dotación de 460.000 euros, distribuídos ao 50% entre ambas as modalidades