Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta entrega un remolque de emerxencias á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carnota
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou aos efectivos desta agrupación á que a Xunta apoiou nos últimos anos con máis de 80.400 euros nos seus gastos de funcionamento e en material de emerxencias cedido
Galicia defende o máximo aproveitamento dos fondos europeos para impulsar a economía azul e a competitividade das zonas costeiras
A comunidade busca ser referente internacional na creación de novas oportunidades para o sector marítimo-pesqueiro e a economía azul no ámbito europeo
A Xunta impulsa a futura Lei da calidade alimentaria para poñer en valor e salvagardar a excelencia e o prestixio dos produtos agroalimentarios galegos
José González sinalou que o obxectivo fundamental desta nova lei será que os produtos alimentarios galegos alcancen unha nova dimensión no mercado, máis competitiva e atractiva para a cidadanía e, en consecuencia, favorecer tamén o desenvolvemento local, a creación de emprego e a diversidade produtiva
A Xunta constitúe os grupos de traballo que elaborarán o Plan de trastornos adictivos de Galicia 2023-2026
Un dos grupos abordará a prevención, outro a asistencia e un terceiro, a incorporación social
A Xunta solicítalle ao concello de Burela a documentación municipal necesaria para impulsar a execución do novo colector e mellorar o saneamento, que suporá un investimento autonómico de 5,2 M€
O Concello deberá realizar o trámite de información pública e remitir o certificado do Pleno no que se aproba o proxecto, así como o documento acreditativo da disposición dos terreos para executar as obras
A Xunta aclara que o uso residencial colectivo en solo rústico está permitido cando se procure a recuperación do patrimonio construído
A Consellería e os colexios de rexistradores e os notarios elaborarán unha circular interpretativa coa que dar seguridade xurídica e precisar que este uso resulta admisible mediante a implantación dun réxime de división horizontal da propiedade, que non implique unha división do terreo
A Xunta participará na renovación das pistas de atletismo de Balaídos cunha achega de 3 millóns de euros
O secretario xeral para o Deporte remitiu esta mesma semana unha carta ao alcalde de Vigo trasladando a “conformidade cos termos xerais da nova instalación, incluídos os económicos” e reiterando “o carácter prioritario desta actuación” para a Xunta de Galicia
A Xunta avanza na tramitación do Plan xeral de ordenación municipal de Oza-Cesuras
A Consellería de Medio Ambiente trasladará ao Concello un documento que determina o alcance que deberá ter o estudo ambiental estratéxico e os organismos que deberán ser consultados tras a aprobación inicial do PXOM
Os avances na execución do acceso á autovía autonómica AG-53 en sentido Ourense desde Dozón suporán afeccións ao tráfico desde o vindeiro luns, 2 de maio
Os traballos de construción do carril adicional para a incorporación á AG-53 do tráfico proveniente da estrada N-525, obrigan ao corte carril dereito da calzada dereita da autovía en sentido Ourense, entre os puntos 59+400 e 59+950
A Xunta destinou máis de 75.000 € para a posta en marcha de dúas casas do maior no Concello de Monterrei
O Goberno galego achegou arredor de 15.000 para acondicionar e equipar cada un dos dous centros, e outros preto de 25.000 euros para o garantir o seu funcionamento durante este ano