Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

29/04/22 | 12:16 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta pola dixitalización e descarbonización no sector forestal para acelerar os seus procesos produtivos e fomentar os ecomateriais substitutivos baseados na madeira

José Luis Chan trasladou que desde o ano 2020 as poxas públicas de madeira na nosa comunidade realízanse de xeito totalmente electrónico, o que deriva nun gran aforro de custos para os interesados ao evitar desprazamentos e o uso de papel

29/04/22 | 12:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta lanza unha nova edición do coworking da Mariña que ten permitido ata o de agora impulsar más de medio cento de proxectos empresarias na provincia

O director do Igape, Fernando Guldrís, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o espazo coworking que se desenvolve no Centro Comarcal Maeloc de Mondoñedo e que suma seis anos levándose a cabo, de xeito ininterrompido, da man da Escola de Organización Industrial (EOI)

29/04/22 | 11:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Diario Oficial de Galicia publica o acordo para que os concellos, as deputacións, as universidades e as entidades do sector público poidan aplicar o real decreto lei estatal de revisión de prezos nas obras

O acordo, que produce efectos desde hoxe, ten como fin facilitar a viabilidade dos investimentos públicos en marcha na comunidade nun contexto de incremento extraordinario de prezos dos materiais da construción e de crise enerxética

29/04/22 | 11:39

A Xunta financia con preto de 1,4M€ a contratación dun cento de traballadores para a prevención de incendios nos concellos lucenses

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que o programa Aprol Rural facilita a inserción laboral dos participantes ao tempo que colabora na prestación de servizos municipais

29/04/22 | 11:34 | C. de Sanidade

A Xunta destina máis de 70.000 euros para actividades de información e apoio aos familiares e coidadores de enfermos de alzhéimer

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a presidenta de Fagal, María Isabel Gey Pérez, asinaron un convenio que contempla actividades de información e apoio aos familiares e coidadores, así como formación continuada dos profesionais que traballan coas asociacións

29/04/22 | 11:34

A Xunta destaca en Padrón que está a impulsar as mesas locais contra a violencia de xénero polo seu relevante papel na detección de casos

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe á xuntanza da mesa de coordinación contra a violencia de xénero de Padrón

29/04/22 | 11:14 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta apoia á Fundación Nosa Terra na homenaxe aos galegos que traballaron na construción da Canle de Panamá

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou durante o evento, no que estivo presente o presidente de Panamá, Laurentino Cortizo, que é “unha honra” que o país centroamericano conte cun memorial que recorde o labor daqueles 8.000 galegos engadindo que esta iniciativa “é unha cuestión de xustiza”

29/04/22 | 11:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta remite ao Concello de Vigo o convenio de colaboración para a construción do novo IES de Navia

O Goberno galego investirá preto de 12M€ nesta infraestrutura, que se axustará por completo aos estándares do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

29/04/22 | 10:52 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 17.651 casos activos por coronavirus

Un total de 563.386 pacientes xa están curados