Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

28/04/22 | 11:24

Martina Aneiros asegura que a obra do albergue da Casa do Mar comezará en canto o Concello de Ferrol conceda a licenza

A representante do goberno da Xunta mantivo un encontro de traballo co presidente da Autoridade Portuaria, Francisco Barea

28/04/22 | 10:57

A Xunta apoia con case 2,8M€ a contratación de 197 desempregados para a prevención de incendios en 89 concellos e dúas mancomunidades de Ourense

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de resolver a convocatoria do programa Aprol Rural para este ano, que permitirá a contratación de preto de 500 persoas sen emprego en 285 concellos galegos grazas a un investimento de 7 millóns de euros

28/04/22 | 10:15 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 16.688 casos activos por coronavirus

Un total de 562.620 pacientes xa están curados

27/04/22 | 18:44 | C. de Sanidade

A Xunta realizou visitas técnicas para avaliar parcelas a todos os concellos incluídos no Plan de infraestruturas de Atención Primaria que o solicitaron

Xa se asinou en Boborás o primeiro convenio dos centros da fase 1, ao que seguirán proximamente os de Muiños e Noia

27/04/22 | 18:37

Galicia urxe a rescatar o Instituto Español de Oceanografía da dramática situación económica na que se atopa pola nefasta xestión do Goberno central

A Xunta lembra que leva máis de tres anos alertando da necesidade de protexer o labor deste organismo saneando as súas contas pois é un ente estratéxico para a investigación mariña e a defensa dos intereses da frota galega en Europa

27/04/22 | 18:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta no Salón do Automóbil de Vigo a necesidade de xerar oportunidades tanto para a propia industria como para o consumidor

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinalou na inauguración do encontro que as diferentes administracións deben traballar xuntas para impulsar un sector tan estratéxico como o da automoción

27/04/22 | 18:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca a mellora continua do transporte da Xunta, que ofrece 40 servizos ao día entre Negreira e Santiago e 24 durante a fin de semana

Vázquez Mourelle refírese aos axustes realizados en xaneiro na hora de saída de 5 expedicións das 26 coas que conta esta liña de luns a venres co obxectivo de lograr unha resposta máis eficaz ás necesidades dos usuarios