Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

27/04/22 | 18:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta solicita á confederación Miño-Sil o inicio da tramitación ambiental para avaliar a viabilidade das medidas propostas para o abastecemento a Vigo e a súa declaración de interese xeral do Estado

Vázquez Mourelle indica que a Confederación Miño-Sil debe analizar de forma obxectiva e rigorosa a viabilidade ambiental das obras previstas no estudo de alternativas

27/04/22 | 17:56 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en marcha ‘Encontros e networking nos campus universitarios’ no marco de Primavera Xove

Profesionais de diferentes eidos como a comunicación, o medio ambiente ou a educación emocional imparten este mércores charlas á mocidade na Coruña, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo

27/04/22 | 17:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá 230.000 € na reforma do salón de actos do instituto Alfredo Brañas de Carballo

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anuncia no Parlamento a encarga inmediata da redacción do proxecto para esta obra

27/04/22 | 17:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O certame ‘Mondoñedo é poesía’ chega á súa oitava edición co apoio da Xunta

A convocatoria contará desde o 1 de maio con distintas actividades propostas para fomentar a poesía na lingua galega nesta vila

27/04/22 | 16:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un documental sobre Vicente Risco achega unha visión renovada e rigorosa sobre a súa figura para servir como nova ferramenta pedagóxica

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación deste proxecto apoiado pola Xunta e que afonda nas distintas facetas do autor

Tamén se presenta outra peza documental para divulgar as técnicas empregadas na confección tradicional dos traxes galegos

27/04/22 | 16:45 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía ata o 13 de maio o prazo de presentación da solicitude única das axudas da PAC

O período para solicitar estas achegas remataba inicialmente o pasado 30 de abril  

27/04/22 | 15:25

A Xunta anima á Fegamp a sumarse á fronte autonómica impulsada por Galicia para reclamar seguridade xurídica na planificación urbanística

Ángeles Vázquez avoga por unir os esforzos de administracións e profesionais para lograr que o Goberno central promova unha reforma lexislativa que impida a nulidade radical dos PXOM e doutros instrumentos por vicios menores facilmente corrixibles

27/04/22 | 15:15 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta declarará iniciativa empresarial prioritaria o proxecto dunha planta de metanol verde en Mugardos que contará cun investimento de máis de 130 millóns de euros

Salienta que esta planta, coa que se crearán 120 empregos, non só redundará no uso de biocombustible senón que suporá unha oportunidade para xerar riqueza na contorna, atraendo novos investimentos

27/04/22 | 15:03

Galicia Camiño Emprendedor percorre unha nova etapa xacobea polo Cebreiro, Triacastela e Sarria, para impulsar proxectos empresariais a través do mentoring

A directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou hoxe no percorrido deste programa que desenvolven desde 2017 a Xunta de Galicia e a Fundación Ronsel