Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

27/04/22 | 13:40

A Xunta declara as Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro, en Mesía, espazo privado de interese local, o primeiro na provincia da Coruña

Ao mesmo tempo tamén aproba as normas de xestión e conservación, ás que o promotor destinará case 35.000 euros nos próximos cinco anos para manter a biodiversidade deste espazo de 74,5 hectáreas

27/04/22 | 13:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 1 millón de euros as obras de ampliación da rede de saneamento municipal de Padrón

Trátase de executar unha rede de colectores e 4 estacións de bombeo de augas residuais nos núcleos de Herbón, Lestido, A Aduana e O Paraíso

27/04/22 | 13:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Abre o prazo para que os centros escolares implanten Polos Creativos, con máis de 23.000 unidades de equipamento e mobiliario á súa disposición

Esta iniciativa, que nunha primeira fase poderá chegar a 220 centros, suporá un salto cualitativo no fomento das competencias dixitais do alumnado no ensino público

27/04/22 | 13:33

A Xunta e Pantón reforzan a súa colaboración para evitar as infraccións urbanísticas neste concello da Ribeira Sacra

Jacobo Hortas lembra que o municipio está adherido á Axencia desde hai case unha década

27/04/22 | 13:27 | C. de Política Social e Igualdade

Trenor visita en Abegondo o autobús de Coidados porta a porta que leva os servizos especializados para maiores a máis de 100.000 galegos

 Deste servizo estanse a beneficiar as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito totalmente gratuíto

27/04/22 | 13:22 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a importancia das actividades interxeracionais para favorecer o envellecemento activo, as relacións sociais e a aprendizaxe

Usuarios do centro de maiores de Arteixo e alumnado do CEIP Ponte dos Brozos traballan conxuntamente nunha horta

27/04/22 | 13:10 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta comunica aos sindicatos 4.946 prazas susceptibles de ser convocadas no proceso de estabilización de emprego

As organizacións sindicais poderán facer observacións ata o vindeiro 5 de maio

27/04/22 | 13:03 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda supervisa o programa de formación laboral complementaria para os bolseiros BEME realizada en colaboración coa Fundación Ronsel

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, achegouse ata a sede desta entidade en Santiago para coñecer a labor dos orientadores que están a ofrecer itinerarios personalizados aos universitarios galegos do exterior que están a cursar un máster nalgunha das tres universidades de Galicia a través dunha bolsa de Excelencia Mocidade Exterior

27/04/22 | 12:45 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reivindica a política fiscal da Xunta que permitiu que desde 2009 os galegos dispuxeran de máis de 1.200 M€ nos seus petos

Indica que coas rebaixas autonómicas do IRPF as rendas baixas pagarán no ano 2022 un 22,6 % menos que en 2009