Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta xa renovou o firme nos accesos ao Hospital de Calde, en Lugo, e hoxe comeza coas melloras no HULA
O delegado territorial, Javier Arias, explica que no hospital Lucus Augusti reforzarase o pavimento dos viarios e do aparcamento da área de Urxencias
Gabriel Alén pon a Expourense como exemplo de compatibilidade e convivencia
O delegado territorial puxo en valor o traballo de todo o equipo de profesionais que conforman este centro porque o ano 2021 supoñía facer fronte a difíciles retos que este centro soubo superar, tal e como amosan as cifras
A Xunta concedeu 1.000 axudas de carácter económico a vítimas de violencia de xénero
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, referendou no Parlamento de Galicia, na presentación dos informes de violencia de xénero 2021, o compromiso da Xunta coa “tolerancia cero” ante calquera ataque ás mulleres
Trenor anuncia a licitación da redacción do proxecto das obras de rehabilitación do claustro grande do Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes cun investimento de 1,65M€
O delegado da Xunta visitou hoxe este conxunto arquitectónico no que se actuará no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
A Xunta pon en valor a innovación implementada polo sector primario na comarca de Terra de Lemos como vía para encontrar novos nichos de mercado
José Luis Cabarcos entregou a mención especial outorgada ao viveiro A Man de Prado no II Foro de innovación produtiva do sector agrario, polo seu proxecto de elaboración sustentable de tepes que contou cunha axuda da Xunta de case 80.000 euros
A Xunta celebra o Día das rapazas nas TIC co obxectivo de impulsar as vocacións femininas no sector
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a directora da Axencia Galega de Innovación e presidenta do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), Patricia Argerey, inauguraron un coloquio no que participaron máis de 1.200 escolares
A Xunta apoia 19 plans de internacionalización de empresas de Pontevedra e o Salnés cun investimento de máis de 700.000€
O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, informa do programa Galicia Exporta Dixital nunha visita á empresa Quival-Frutos Secos El Nogal
A Xunta mantén abertas as inscricións do programa Responsabilízate para que as pemes galegas transiten hacia valores ambientais, sociais e de gobernanza
A iniciativa desenvolvida pola Consellería de Emprego e Igualdade ofrece de xeito gratuíto unha diagnose e actividades formativas e de asesoramento para que as empresas galegas poidan mellorar a súa xestión e competitividade
A Xunta informa ao tecido empresarial da Coruña dos programas e actuacións en marcha para mellorar a súa competitividade
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou nunha xornada organizada pola Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) sobre os fondos europeos Next Generation onde destacou o impulso que suporá a Cidade das TIC para facer da Coruña un polo tecnolóxico e de innovación dixital de referencia
A Xunta aposta por crear unha cultura da seguridade e saúde no traballo para previr accidentes e enfermidades
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, inaugurou o webinario Saúde e Teletraballo, organizado polo Issga con motivo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo que se celebra hoxe