Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

28/04/22 | 17:14 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta o valor da xestión que permitiu aplicar en Galicia rebaixas fiscais e medidas favorecedoras das rendas medias e baixas

Resalta que a Comunidade é a terceira de España con menor débeda pública per cápita; e, desde 2009, a política fiscal da Xunta permitiu que os galegos dispuxeran de máis de 1.200 millóns de euros

28/04/22 | 16:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e COAG contarán este ano co proxecto para converter o actual edificio dos xulgados no centro de asociacionismo de Vigo

A delegada territorial presentou xunto ao presidente do Colexio de Arquitectos en Vigo o concurso de ideas para reformar o edificio da rúa Lalín

28/04/22 | 15:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As enquisas do estudo de reforma do mapa municipal galego indican unha predisposición favorable da poboación á fusión voluntaria de concellos

O 83% da poboación enquisada amosa unha predisposición favorable á fusión voluntaria de concellos, mentres que tan só un 37% dos enquistados serían partidarios de realizar fusións de xeito obrigado

28/04/22 | 15:44

A Xunta destinará 14 M€ a convocar novas unidades formativas en empresas para lograr a inserción laboral de máis de 2.100 persoas desempregadas ata 2023

Feijóo explica que se primará na contratación a inserción de persoas con discapacidade, menores de 30 anos, parados de longa duración, vítimas de violencia de xénero e emigrantes retornados

28/04/22 | 15:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza un investimento de arredor de 120 M€ en proxectos clave para Santiago como as ampliacións do CHUS e de San Caetano ou a aposta por unha mobilidade sostible

Salienta que a ampliación do CHUS, que contará cun investimento de 70 M€, permitirá ampliar nun 30% a superficie actual do hospital

28/04/22 | 15:41 | A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba a primeira Lei de áreas empresariais de Galicia, unha norma pioneira a nivel estatal

Feijóo salienta que ten por obxectivo axilizar, simplificar e flexibilizar a planificación e creación de solo para as empresas, así como garantir o equilibrio entre o uso sustentable do territorio e o fomento da actividade económica na Comunidade

28/04/22 | 14:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aborda co concello de Ourense a nova senda peonil e ciclista que conectará a cidade de norte e sur e que suporá un investimento autonómico de 4,5 M€

Os representantes autonómicos e municipais compartiron os plantexamentos do itinerario e emprazáronse a continuar traballando conxuntamente no desenvolvemento do proxecto, impulsado ao abeiro dos fondos Next Generation de mobilidade

28/04/22 | 14:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza a colaboración cos centros comerciais abertos para continuar avanzando na dinamización do sector

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, mantivo un encontro con representantes de asociacións de comerciantes de toda Galicia para informalos das novidades do programa de axudas por 2,25 M€ para este ano