Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

01/12/22 | 16:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Unesco inscribe o programa educativo galego Ponte...nas Ondas! no Rexistro de Boas Prácticas

A candidatura conxunta de Galicia e Portugal acada este recoñecemento, unha distinción que só obtiveron hoxe catro propostas a nivel internacional
 

01/12/22 | 16:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

O programa da Xunta 'O Teu Xacobeo' impulsou en Lugo 115 proxectos, con achegas que sumaron 1,3 M€

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que deu soporte a propostas socioculturais de concellos, asociacións, clubs deportivos ou empresas por toda a provincia

01/12/22 | 16:43 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

O Goberno galego convocará máis de 5.650 prazas de emprego público no Sergas antes de que finalice este ano

Rueda subliña que o Consello aprobou hoxe a OPE para persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde que inclúe 1.294 prazas

01/12/22 | 16:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia destaca a colaboración público-privada como un elemento chave a ter en conta na nova axenda de innovación europea

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR) na que se debateu sobre a nova Axenda de Innovación Europea

01/12/22 | 16:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Un estudo elaborado pola USC clarifica as competencias da administración autonómica e as entidades locais para garantir unha prestación eficiente dos servizos públicos

O presidente do Goberno galego destaca que “a Xunta trasladará” este estudo á Fegamp que desligouse do convenio inicial e elaborou un informe pola súa parte

01/12/22 | 16:26 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o labor do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica durante a súa traxectoria, velando polo coidado do medio ambiente e como elemento diferenciador no mercado

José Luis Cabarcos resaltou que na última década a superficie en ecolóxico en Galicia tivo un crecemento do 127 %, pasando de 14.167 hectáreas no ano 2010 a 32.209 hectáreas no 2021

01/12/22 | 16:15 | A Presidencia da Xunta

A Xunta creará 136 novos postos permanentes de Orientación laboral para o Servizo de Emprego de Galicia

Rueda adiantou que se destinarán uns 5 millóns de euros a financiar a incorporación destes profesionais, fundamentais para o fomento da empregabilidade
 

01/12/22 | 16:11 | A Presidencia da Xunta

A primeira Estratexia Galicia Retorna supuxo a incorporación de 28.000 galegos retornados de máis de 40 países

Rueda considera que estas cifras “positivas” demostran que este programa foi “todo un éxito” e salienta que outras CC.AA. se teñen interesado por el
 

01/12/22 | 14:48

Galicia é a comunidade española que máis candidaturas presenta para o seu recoñecemento co distintivo de sendeiros azuis

Belén do Campo incide en que o obxectivo é revalidar o resultado obtido na pasada edición destes galardóns, cando se converteu na autonomía co maior número de distintivos deste tipo con 29 itinerarios recoñecidos pertencentes a 19 municipios