Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

01/12/22 | 13:48 | C. do Medio Rural

A empresa Central de Frades SCG recibirá da Xunta unha axuda de preto de 100.000 € para levar a cabo melloras tecnolóxicas e para ampliar a súa fábrica de pensos

O delegado da Xunta e e o alcalde visitaron esta empresa que realizará grazas a este apoio un investimento total de máis de 264.000 euros
 

01/12/22 | 13:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
01/12/22 | 13:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora do saneamento dos núcleos do Sifón e San Vicenzo, en Avión, que supuxeron un investimento de máis de 166.000 euros

A intervención centrouse na conexión destes núcleos de poboación coa depuradora municipal e dá servizo a unha poboación de 94 habitantes
 

01/12/22 | 13:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta achega a Tui un percorrido fotográfico pola historia do Camiño Portugués a través de imaxes de 35 fotógrafos de ambos lados da raia do s. XIX ata hoxe

Tras congregar máis de 32.000 visitantes na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, e no Museo do Mar, en Vigo, poderá visitarse ata o 29 de xaneiro
 

01/12/22 | 13:20

A Xunta apoia con 44.000 euros a posta en servizo dun punto limpo móbil na Pontenova

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego tamén concedeu este ano 25.400 euros para mellorar o punto limpo fixo compartido con outros cinco concellos

01/12/22 | 13:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e Tradime abordan os retos e problemas que encara o sector do transporte na provincia de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, mantivo unha xuntanza coa nova directiva que encabeza José Fernández

01/12/22 | 13:15 | C. do Medio Rural

Os 24 Grupos de Desenvolvemento Rural galegos xa están a elaborar as estratexias do próximo período Leader 2023-2027

Para este traballo cada grupo recibe unha axuda pública de 35.000 euros e contan coa colaboración e asesoramento das universidades de Santiago de Compostela e Vigo
 

01/12/22 | 13:09 | C. de Sanidade

A Sanidade pública galega recibe 12 galardóns nos premios ‘Best In Class’

Os premios Best in Class, entregados onte nun acto en Madrid, ao que asistiu o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, teñen como obxectivo recoñecer aos mellores hospitais e centros de saúde, servizos e unidades do territorio nacional