Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

01/12/22 | 13:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a importancia de impulsar a innovación e a transformación dixital e sostible no sector agroalimentario galego

O director do Igape, Fernando Guldrís, participa en Santiago de Compostela na xornada ‘A dixitalización e industria 4.0 na transformación da industria alimentaria’, onde apunta que “un dos retos máis importantes do sector a medio e longo e prazo é conseguir a dixitalización de toda a súa cadea”
 

01/12/22 | 13:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia remarca o papel de referente que ten Santiago de Compostela no sector biotecnolóxico

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na xornada ‘O sector industrial en Santiago e comarca. Proxección de futuro’, organizada pola Cámara de Comercio

01/12/22 | 12:56 | A Presidencia da Xunta

O director da Casa de Galicia en Madrid presentou a conferencia, “Camiño de Madrid, Camiño Saudable”, que impartiu Javier Leralta

A Casa de Galicia acolleu a terceira conferencia do ciclo “Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos”, que organiza a Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid

01/12/22 | 12:55 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.419 casos activos por coronavirus

Un total de 681.617 pacientes xa están curados
 

30/11/22 | 20:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
30/11/22 | 20:14

Lorenzana destaca na entrega do premio Executivas a longa listaxe de mulleres referentes galegas que cambiaron a historia da Comunidade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, acompañada polo vicepresidente primeiro, Francisco Conde, e a titular do Mar, Rosa Quintana, asistiu á entrega do VII premio Executivas de Galicia a Carmen Canal, fundadora de Aceites Abril

Referiuse á homenaxeada como unha muller “líder, emprendedora, visionaria, vangardista e talentosa” que leva incluída no repositorio Referentes Galegas desde o ano 2018

30/11/22 | 19:02

A Xunta colabora na formación de 26 persoas para avanzar na transformación dixital e industrial no sector da construción

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, clausurou hoxe dous cursos impulsados pola Xunta de Galicia e a Fundación Laboral da Construción sobre novas tendencias no sector

30/11/22 | 18:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias avanza a construción de aseos públicos e unha cafetería na ETEA dentro do Plan de Acción 2022-25 que aprobará mañá a Xunta cun investimento total de 49 millóns

A delegada territorial explicou o acordo que aprobará mañá o Consello da Xunta para o desenvolvemento do ámbito a través de catro consellerías