Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta pon en valor a estratexia de dinamización do sector lácteo que afonda nunha formación orientada cara á profesionalización para garantir o futuro deste eido produtivo
José Luis Cabarcos definiu a Estratexia de dinamización do sector lácteo como a gran aposta da Xunta pola mellora e promoción da calidade do leite galego e o impulso ao seu valor engadido
Román Rodríguez felicita aos campaneiros de Mondoñedo, Ponte Caldelas, Ponteceso e Boqueixón pola declaración do toque manual de campás como Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco
Representantes dos catro municipios avalaron a candidatura española liderada polo Ministerio á que se adheriron varias comunidades como Galicia, que participa dentro da franxa norteña
A Xunta abre o trámite de competencia de proxectos ante a solicitude de Altri de concesión dunha captación de auga do río Ulla
A empresa solicita a captación de augas superficiais do encoro de Portodemouros, desde o termo municipal de Agolada, cun caudal máximo de 535 litros/segundo, para a uso industrial na fábrica de fibras téxtiles que prevé implantar no concello de Palas de Rei
A Xunta apoia 16 iniciativas empresariais innovadoras punteiras cun investimento público de 4,4 M€
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou esta mañá en Santiago de Compostela a empresa biotecnolóxica BFlow, beneficiaria da liña de axudas a iniciativas empresariais excelentes que non obtiveron financiamento no programa estatal Neotec por falta de crédito, aínda sendo ben valoradas
A Xunta participa no XXII Congreso Estatal de Voluntariado celebrado en Tenerife
Durante a cita farase entrega dos Premios Estatales de Voluntariado 2022
A Xunta constitúe a Xunta Electoral que coordinará as eleccións para a renovación de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario galego
A campaña electoral arrancará o 3 de febreiro e finalizará o día 17 dese mes, para dar paso ás votacións o 19
Rueda resalta a xestión de Galicia dos fondos europeos e insta ao Goberno central a axilizar o reparto para non perder unha oportunidade histórica
Amosa a súa preocupación polo retraso na chegada destes investimentos e alerta da incerteza que provoca na trintena de proxectos industriais “moi importantes” que están xa en tramitación
A Filmoteca de Galicia sigue afondando na figura de María Casares cunha escolma de material televisivo que inclúe gravacións das súas actuacións teatrais
A cinemateca da Xunta traballa nunha recompilación de telefilmes, intervencións da actriz na televisión francesa, noticias sobre ela e vídeos de producións escénicas, que comezará a exhibirse coa proxección do espectáculo Macbeth o vindeiro día 22
A Xunta presenta ao Concello de Viveiro e á Deputación de Lugo o proxecto das actuacións destinadas a reducir os riscos das enchentes en Xunqueira
Os técnicos de Augas de Galicia informaron de que o proxecto está xa redactado e o obxectivo é aprobalo no primeiro trimestre de 2023, tras rematar a supervisión