Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

30/11/22 | 13:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernando Castro Paredes, Ana Carreira, Eva Mejuto e José Luis Baños de Cos gañan os Premios de Literatura Dramática da Xunta

Fernando Castro Paredes alzouse co XXVI Álvaro Cunqueiro para textos teatrais co monólogo ‘O traxe’ e Ana Carreira obtivo o XII Manuel María de literatura dramática infantil por ‘Nin me amoles’
 

30/11/22 | 13:09

Lorenzana inaugura en Monforte de Lemos o primeiro Polo de emprendemento en Lugo que dará cobertura a nove concellos do sur da provincia

A conselleira de Promoción do Emprego anunciou que Lugo contará o ano que vén con outros tres polos: A Mariña, Lugo central e Montaña lucense
 

30/11/22 | 12:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta apoia na Coruña, Santiago, Barbanza e Costa da Morte 49 proxectos do plan 'O Teu Xacobeo' para estender a programación sociocultural do Ano Santo a toda a sociedade

No caso concreto da cidade da Coruña apoiáronse 12 proxectos no 2022 grazas a unhas axudas de 156.000 euros que mobilizaron 350.000 euros

30/11/22 | 12:47 | C. do Medio Rural

A Xunta porá en marcha o vindeiro ano un Plan Estratéxico da Industria Forestal-Madeira en colaboración co sector

José González, que estivo acompañado do director da Axencia Galega da Industria Forestal e da delegada territorial da Xunta en Ferrol, indicou que esta iniciativa responde a unha demanda do propio sector
 

30/11/22 | 12:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
30/11/22 | 12:43 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia consolídase como un referente a nivel nacional no ámbito dos coidados coa creación das primeiras unidades públicas de coidados intermedios

No mes de decembro licitarase o primeiro centro no que se atenderá a persoas que recibiron a alta hospitalaria, pero que seguen requirindo coidados específicos

30/11/22 | 12:37

A Xunta e o concello da Laracha invisten máis de 130.000 € na mellora da contorna do campo da feira de Paiosaco

As obras enmárcanse no plan Hurbe, impulsado en 2010 para apoiar ás entidades locais en proxectos que melloren as condicións e a calidade de vida da súa veciñanza, cun total de 96 actuacións comprometidas só na provincia da Coruña desde entón

30/11/22 | 12:29

A Xunta retrasa o inicio da campaña de extracción da mexilla a xaneiro co obxectivo de preservar o estado biolóxico do recurso

Esta medida dá resposta ás consideracións trasladadas por distintos profesionais do sector e a un informe emitido polos técnicos da Consellería do Mar
 

30/11/22 | 12:25 | Axencia de Turismo de Galicia

Fernández-Tapias anuncia a apertura do ciclo ‘Concertos na Esencia do Camiño’ do programa Xacobeo na Concatedral de Vigo coa Banda de Gaitas

A delegada territorial da Xunta salienta a iniciativa da programación que levará tamén a música e a iluminación ata Tui, Baiona, Oia e Pontevedra

30/11/22 | 12:25

A Xunta pon en valor en Lugo o I Plan galego contra a trata que con 7 millóns de euros ata 2024 fortalece os recursos de apoio ás vítimas

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, expuxo hoxe, no marco da IV Formación Multilateral en Trata de Cruz Vermella, os apoios autonómicos neste eido