Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

29/11/22 | 16:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A directora xeral de FP felicita ao Centro Integrado As Mercedes pola súa recente incorporación á Rede de Excelencia Estatal

O centro lucense é o único en Galicia en impartir o ciclo de Mantemento aeromecánico de avións con motor de turbina, ademais do máster de FP en Aeronaves pilotadas de forma remota-Drons

29/11/22 | 15:58

A Xunta valora o compromiso dos distribuidores de electrodomésticos co tratamento eficiente dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos

Sagrario Pérez salienta a súa relevancia á hora de incentivar a reciclaxe, non só no que atinxe á recollida de residuos, senón tamén na tarefa de sensibilizar á poboación na necesidade de avanzar cara a unha economía circular

29/11/22 | 15:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta amplía o punto limpo do parque empresarial da facha para dar servizo ás empresas de Campo Lameiro

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, supervisaron esta mañá a actuación medioambiental, que supuxo un investimento de 33.000€ da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

29/11/22 | 15:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia a investigación da propiedade dos núcleos rurais de Brandariz, no concello de Vila de Cruces, para incluílos na concentración parcelaria

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, comunicou este avance, que permitirá engadir 336 hectáreas distribuídas nunhas 400 parcelas, nunha reunión informativa cos propietarios beneficiarios celebrada esta mañá no teleclube de Brandomés

29/11/22 | 15:42

Lorenzana pon en valor a economía social como modelo comprometido co entorno, a inovación e o medio rural

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade clausurou hoxe en Santiago de Compostela o seminario rexional Agrosmart Global Galicia baixo o título Innovación intelixente na economía social e rural

29/11/22 | 15:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que Galicia lidera a nivel europeo a I+D en tecnoloxías de sistemas non tripulados

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, compareceu hoxe a petición propia no Parlamento para informar sobre a folla de ruta do Polo Aeroespacial de Galicia ata 2026
Puxo en valor a sinatura dos novos contratos cos socios estratéxicos Airbus, Babcock e Telespazio, que desenvolverán desde Galicia 40 proxectos de I+D de alta tecnoloxía no eido dos drons

29/11/22 | 15:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta aborda coa Real Academia Galega de Ciencias o decreto que regulará o estatuto do persoal de investigación da Administración autonómica

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, mantivo un encontro con Juan Manuel Lema e Alicia Estévez, presidente e vicepresidenta da entidade

29/11/22 | 15:31 | A Presidencia da Xunta

Rueda defende o compromiso da Xunta con Ferrol que reflicten os orzamentos de 2023 e apela á implicación do Goberno para concretar os proxectos de futuro na comarca

Resalta que as contas do vindeiro ano reservan 113,3 M€ para melloras en sanidade, na rede viaria, nos servizos sociais ou no eido educativo en Ferrol, Eume e Ortegal

29/11/22 | 15:29

A Xunta avoga por unir esforzos entre administracións públicas e axentes privados para impulsar as axendas urbanas co reto de facer territorios máis inclusivos

Encarnación Rivas interveu en representación do Goberno galego nalgún dos debates propostos ao redor das posibles intervencións para abordar as desigualdades sociais

29/11/22 | 15:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas