Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta crea unha aceleradora de proxectos musicais para estimular a profesionalización do sector e impulsar artistas emerxentes
Destina un orzamento de 240.000 euros á posta en marcha deste programa cunha primeira fase de consultaría encamiñada ao lanzamento de produtos musicais e unha segunda para a súa promoción e difusión
A Xunta concede máis de 237.000 € en préstamos sen xuros ao Concello de Lousame para actuacións de rehabilitación en varias contornas da localidade
Na convocatoria de 2022 do Fondo de cooperación para actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído asináronse xa 26 convenios con 16 concellos por unha contía de 5,42 M€
A Xunta reúne a expertos no ámbito da infancia para tratar estratexias fronte situacións de abusos sexuais
Ao redor dun centenar de profesionais do eido social, educativo, xurídico ou sanitario déronse cita neste encontro formativo
O Plan de Saúde Mental da Xunta reforzará en 2023 a cobertura do Programa de Atención a Domicilio de Saúde Mental en Lugo
As prazas necesarias están dentro das 61 novas prazas de saúde mental incluídas no Proxecto de Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano
A Xunta investiu 3,8 M€ en 89 novos vehículos para os axentes ambientais e persoal técnico da Consellería do Medio Rural
A este investimento súmanse outros 2,7 M€ para a compra doutros 61 vehículos no ano 2023 e arredor dun millón de euros correspondente á subministración mediante renting doutros 137 vehículos tipo pick-up para as brigadas de seis meses
A Xunta destina máis de 2,2 M€ para o coidado de plantacións forestais
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde para a concesión no vindeiro ano 2023 das primas de mantemento das forestacións cofinanciadas polo Feader, cunha previsión de acadar máis de 6.000 hectáreas de actuación
A Xunta publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Briallos, no concello pontevedrés de Portas
O Diario Oficial de Galicia fai público hoxe o anuncio pertinente da Consellería do Medio Rural, sobre esta reorganización territorial que afecta a unha superficie total de 339 hectáreas
A campaña `Galicia sabe aMar’ percorrerá 200 municipios de España relacionados co Camiño de Santiago
A Xunta tamén organizará diversos foros temáticos que baixo o título 'A Cociña do Mar' visitarán as grandes urbes galegas e abordarán temas como a sustentabilidade, a formación e investigación e a saúde