Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

29/11/22 | 10:07 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.382 casos activos por coronavirus

Un total de 681.408 pacientes xa están curados

28/11/22 | 21:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta agradece aos galegos en Lleida a súa implicación a prol da galeguidade e defende no seu centro a actualidade e o futuro de Galicia como terra de oportunidades


A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señoráns puxo en valor o apoio do Goberno galego ao retorno dos galegos no exterior e tamén ás actividades dos centros galegos noutras comunidades e noutros países
 

28/11/22 | 20:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén destaca o labor educativo da UNED e a súa adaptación ás novas tecnoloxías

O delegado territorial fixo fincapé no labor esencial desenvolvido “os avances sociais e políticos, a necesidade de formarse para acceder ao mundo laboral”
 

28/11/22 | 18:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste 1,1 M€ para ampliar a oferta educativa e mellorar as instalacións do instituto de Mos

O conselleiro anuncia a inminente licitación da ampliación deste centro por 750.000 euros que permitirá acoller novos ciclos de FP Básica

28/11/22 | 17:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta retoma a execución das obras de mellora do saneamento de Pontedeume, ás que se destina un investimento total de máis de 4,2 M€

Reactívase a actuación de mellora do sistema de tratamento de augas residuais, que inclúe a construción dun novo colector, tanque de retención e un bombeo

As dificultades internas da empresa adxudicataria motivaron unha paralización dos traballos que agora se retoman coa limpeza e montaxe de equipos na zona das obras, paso previo á execución dos muros interiores

28/11/22 | 16:27 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda subliña os intereses comúns de Galicia e Asturias por unha financiación autonómica que atenda a dispersión poboacional

Demanda ao Goberno unha reforma do modelo de financiación baseada nunha xustiza distributiva para as CC.AA con poboación envellecida e dispersa e alerta que unha negociación bilateral poría en “pé de guerra” ás comunidades que quedan fóra

28/11/22 | 15:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca as 70 iniciativas do programa “O Teu Xacobeo” que mobilizaron máis de 2,3 M€ na cidade de Vigo

A delegada territorial da Xunta salienta a “transversalidade” das actuacións que permitiu acadar o obxectivo descentralizador

“Permitiunos diversificar, entre moitos colectivos, o impacto do Camiño e o valor do Ano Santo”, sinalou
 

28/11/22 | 15:30

A Xunta apoia a creación de 19 postos de traballo na comarca do Barbanza coas axudas autonómicas do programa Emega de apoio ao emprendemento e ao emprego feminino

Trenor visitou dous dos establecementos beneficiarios deste programa, o Goberno galego destina a esta comarca máis de 137.000 euros

28/11/22 | 15:22

A Xunta insta ao Goberno central a acatar o criterio da Unión Europea e adaptar o nivel de protección do lobo á súa realidade actual

As catro comunidades lobeiras que concentran o 95% dos exemplares do país celebran o recente acordo da Eurocámara e salientan que lles dá a razón no seu rexeitamento ás últimas decisións do Goberno central con relación a esta especie

28/11/22 | 15:03 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a súa aposta pola colaboración público-privada e pola innovación a prol do sector forestal galego

O titular de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, centrou a súa intervención nas liñas de traballo actuais dentro da cooperación público-privada, no marco do Plan Forestal de Galicia