Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

12/03/22 | 11:09

A Xunta celebra o primeiro encontro ‘Construíndo fogar’ da provincia de Lugo para dar a coñecer os distintos programas de axudas en materia de vivenda

Tratase da terceira sesión das xornadas que organiza a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e que se celebrará o luns, 14 de marzo, ás 10,30 horas, na Delegación Territorial da Xunta, e contará coa participación de persoal do IGVS

12/03/22 | 11:01

Galicia urxe ao Goberno central unha solución ao bloqueo á comercialización das capturas de marraxo

A Xunta lamenta a falta de coordinación entre o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación -que autoriza a pesca da especie- e o Ministerio de Transición Ecolóxica -que impide a venda das capturas- e pide que corrixan esta contradición

12/03/22 | 10:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía co concello de Aranga medidas para o impulso da actividade industrial

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co alcalde, Alberto Platas, no que coincidiron sobre a importancia de impulsar o solo empresarial

12/03/22 | 10:50 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Cidade da Cultura de Galicia acollerá os días 9 e 10 de novembro a II edición do Encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal

Organizado polo Nodo Galego de Ciberseguridade, volta o Encontro CIBER.gal, que na súa primeira edición acadou máis de 1.500 inscricións e a participación de preto de 40 entidades públicas e privadas.

12/03/22 | 10:19 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 19.915 casos activos por coronavirus

Un total de 494.216 pacientes xa están curados

11/03/22 | 20:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta confía no despegue este ano do Camiño de Santiago a nivel internacional

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu esta tarde á XXXV Asemblea Anual da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, que este ano se celebra na cidade compostelá

11/03/22 | 20:34 | C. do Medio Rural

A Xunta salienta a aposta pola calidade e a innovación como a vía de futuro para o sector primario galego

José Luis Cabarcos, que estivo acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, fixo mención á futura Lei de calidade alimentaria como un fito para o rural galego, que se suma a outras medidas da Xunta a prol do agro, entre as que puxo en valor a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia

11/03/22 | 19:28 | C. de Sanidade

O Sergas realizará unha nova convocatoria de 1.070 prazas fixas para persoal de enfermería

A convocatoria acordouse hoxe na reunión da mesa sectorial de sanidade e será publicada nos próximos días no Diario Oficial de Galicia

11/03/22 | 19:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia unha nova Lei galega de educación para as persoas adultas que responda á necesidade de formación ao longo da vida

Aproveitaranse as novas tecnoloxías para flexibilizar e ampliar o acceso aos recursos educativos para este colectivo e prestarase especial atención á FP e ás competencias en linguas estranxeiras

11/03/22 | 18:27 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social mellora o alumeado do campo de fútbol do campamento xuvenil da Devesa

Destinará 20.000 euros para desenvolver un proxecto de mellora lumínica, que tamén permitirá ceder esta zona para o seu uso temporal ao Ribadeo F.C.