Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

11/03/22 | 16:34 | A Presidencia da Xunta

Feijóo pedirá na Conferencia de Presidentes unha resposta coordinada ante a escalada do prezo da enerxía e a crise humanitaria de Ucraína

Solicitará a elaboración dun Plan español de acollida para persoas refuxiadas e proporá que se rebaixe o IVE da luz e do gas en España dentro do marco normativo da UE

11/03/22 | 15:40 | C. de Política Social e Igualdade

Trenor prioriza o traballo coas asociacións para prestar un mellor servizo aos galegos

O delegado da Xunta reunise coa asociación Asdegal (Acción Solidaria de Galicia O.N.G de Voluntariado - ASDEGAL) e cos representantes da Asociación Galega de Lupus (AGAL)

11/03/22 | 15:16 | Secretaría Xeral para o Deporte

Xunta e Clúster avanzan en proxectos para acadar beneficios na economía, no deporte e na saúde de Galicia

Un dos seguintes retos para Galicia será a segunda edición do encontro Interclústeres, que tivo o pasado mes de novembro a súa primeira edición en Extremadura, e para a que a comunidade Galicia foi proposta polo Clúster como sede

11/03/22 | 15:08 | C. do Medio Rural

A Xunta reitera no Parlamento a súa aposta pola sustentabilidade da actividade agropecuaria na comarca da Limia

Inés Santé puxo en valor os case 36 millóns de euros que se investirán nesta bisbarra ourensá por parte da Xunta e do Estado, uns fondos conseguidos grazas ás xestións levadas a cabo por parte do Goberno galego

11/03/22 | 14:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca a contribución decisiva da Xunta á licitación do tren a Punta Langosteira e chama ao concello a desbloquear a recuperación da fachada marítima da Coruña

Vázquez Mourelle lembra que a determinación da Xunta e do seu presidente acadaron hai un ano o compromiso do ex ministro Ábalos con esta infraestrutura estratéxica

11/03/22 | 14:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias felicita aos gañadores dos certames baristas e empraza ao IES de Foz “a continuar con esta aposta pola excelencia no ensino”

O instituto focense reuniu durante dous días a profesionais do sector e alumnos e alumnas de 14 centros educativos con ensinanzas de hostalaría
 

11/03/22 | 14:50

A Xunta presenta o proxecto de rehabilitación da lonxa de Campelo ás confrarías que traballan no inmoble

A presidenta de Portos de Galicia trasladou ás directivas das entidades de Pontevedra, Raxó e Lourizán e ao presidente da federación provincial que a licitación das obras se atopa xa na fase final

11/03/22 | 14:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Sanxenxo na mellora das oficinas municipais ao abeiro da orde de infraestruturas de uso público

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, as melloras levadas a cabo para a prestación de servizos municipais, que con contou cunha axuda de máis de 40.000€

11/03/22 | 14:05 | C. de Economía e Industria

Galicia disporá de 12,3 M€ máis para desenvolver o programa de I+D do Polo Aeroespacial de Galicia

Este investimento obtido pola Xunta a través do Plan Complementario de Biodiversidade súmase aos 40M€ de fondos propios xa comprometidos na Estratexia Aeroespacial 2021-2025