Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

11/03/22 | 10:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca máis de 1.400 prazas en 64 cursos do Plan de formación continua do primeiro semestre para as forzas de seguridade

O DOG publica hoxe os 42 cursos presenciais de 775 prazas, aos que se engaden outros 22 con 705 vacantes na modalidade de teleformación

11/03/22 | 10:25 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza na prevención de incendios en 30 ha do concello das Neves actuando en áreas cortalumes, faixas auxiliares e pistas forestais

O investimento nestes traballos do Distrito Forestal XVII Condado-Paradanta aproxímase aos 16.000 euros

11/03/22 | 10:23 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 19.441 casos activos por coronavirus

Un total de 492.980 pacientes xa están curados

11/03/22 | 10:05 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A sexta edición do programa ¨Tecnólog@ por un día¨ ofrece máis de máis de 50 prazas para o alumnado de 12 a 17 anos

Ata o vindeiro 1 de abril o persoal docente dos centros educativos pode inscribir ao alumnado interesado en participar nesta iniciativa impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

11/03/22 | 09:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora coa universidade Carlos III de Madrid na formación de expertos en dereito da competencia

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) vén de asinar un convenio coa institución académica para a realización de prácticas externas

10/03/22 | 21:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alfonso Rueda destaca a contribución do talento dos emprendedores pontevedreses á creación de emprego e á dinamización económica da provincia

O vicepresidente primeiro da Xunta asistiu esta tarde á gala dos XXV Premio Xove Empresario do Ano, que organiza AJE Pontevedra e na que entregou o Premio Honorífico ao presidente das bodegas Martín Códax, Xoan Allegue

10/03/22 | 21:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros

10/03/22 | 17:06

Os profesionais do mar de Galicia retiraron co apoio da Xunta preto de 120 toneladas de lixo do litoral entre 2020 e 2021

Os trece proxectos colectivos desenvolvidos nestes dous anos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños recibiron unha achega pública global de case 620.000 euros, implicaron tarefas de limpeza durante un total de 125 días e contaron coa participación de medio milleiro de persoas

10/03/22 | 17:04 | Secretaría Xeral de Emigración

A Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega amplían a colección Clásicos da Emigración cunha obra pioneira nos estudos sobre América

O tratado desta investigadora foi novidoso nos estudos sobre América e os vínculos coa emigración galega dende os séculos XVI ao XIX

10/03/22 | 17:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta apoiou con máis de 860.000 € a 23 empresas da comarca de Santiago para promover as vendas no exterior a través de ferramentas dixitais innovadoras

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor visitou a empresa Cultura Urbana Shop, unha das beneficiarias o ano pasado das axudas de Galicia Exporta Dixital