Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta amplía o acceso á plataforma de lectura e préstamo dixital a todos os centros participantes no Plan de mellora de bibliotecas escolares
Ata o momento era un proxecto piloto para 50 centros de Galicia
A Xunta estrea a oficina de rehabilitación de vivenda para garantir que as axudas con fondos europeos cheguen ao maior número de beneficiarios
O novo punto de información, que leva uns días en funcionamento, estará aberto de luns a venres polas mañás e atenderá tamén consultas telefónicas no 881 045 897
A Xunta comparte co Goberno dos Azores a súa experiencia no incremento da profesionalización e da competitividade do sector lácteo galego
Na reunión tratáronse os avances no marco da Estratexia sectorial implementada polo Goberno galego, como a aplicación Conta Láctea para que os gandeiros poidan calcular os seus custos e mellorar a xestión empresarial das súas explotacións
A Xunta impulsa a aceleradora Galicia Avanza, que desde a Tecnópole especializarase na internacionalización das pemes innovadoras
Este novo programa, ao que se destinan 2,24 millóns de euros, porá o foco no fortalecemento no exterior de solucións innovadoras tanto de produtos como de servizos no menor tempo posible para posicionar o tecido empresarial galego no mercado global
A Xunta promociona a nivel nacional o consumo do queixo da denominación de orixe protexida Cebreiro
A Consellería do Medio Rural vén de lanzar unha acción promocional, coa que se repartiron dúas pezas deste selo de calidade a 100 profesionais de referencia dentro do mapa gastronómico nacional
A Xunta levará a dez centros galegos de FP unha campaña formativa sobre o uso seguro do tractor
Centros de formación profesional de Arzúa, Coristanco, Boqueixón, Becerreá, Castro de Rei, Monforte, Xinzo de Limia, Ribadavia, Ponteareas e Tomiño serán destinatarios da actividade de sensibilización que incidirá no uso seguro destes vehículos
A Xunta reforza desde o luns os servizos de autobús en Cambre, dobrando as liñas, ampliando paradas e creando unha circular ao Polígono do Espírito Santo
Para levar a cabo estas melloras, acordadas co Concello, revisáronse todos os servizos de interese municipal que complementan o transporte público da actual concesión de autobús interurbano da Xunta no concello de Cambre
Elisabeth Maisondieu-Camus, neta de Albert Camus, asiste ao espectáculo do centro dramático galego ‘A Peste’ inspirado na obra do Nobel francés
Acompañada polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, a neta do autor da novela que inspira a montaxe acudiu á sesión no Salón Teatro en Santiago
A Xunta adxudica por máis de 510.000 euros as obras dunha senda na estrada autonómica PO-313 entre Pardavila e Cadro, no concello de Marín
A intervención ten como finalidade mellorar a seguridade viaria na contorna, favorecer os desprazamentos a pé dos veciños e fomentar a mobilidade sostible