Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Ethel Vázquez presenta o proxecto de mellora da estrada OU-540 entre Celanova e a fronteira con Portugal, que suporá un investimento da Xunta de 10,3 M€
A consellería de Infraestruturas e Mobilidade explicou o alcance da actuación aos alcaldes dos concellos da traza: Celanova, Verea, Bande, Lobeira, Muíños, Entrimo e Lobios
A actuación da Xunta permite abrir ao público a zona máis antiga do Convento de Herbón
O Goberno galego destinou preto de 420.000€ para recuperar o claustro, a peza de maior antigüidade deste conxunto da primeira metade do século XVII
O sistema Xide creado pola Xunta para atención primaria recibe unha alta valoración polos pacientes, que aceptan máis do 90% das propostas de cita
Desde a súa posta en marcha en novembro, leva rexistradas máis de 21.500 citas e identificados máis de 500 motivos de consulta, entre os que destacan a extracción de sangue para analíticas, o control do Sintrom ou a renovación de receitas
A Xunta convoca cinco cursos para ampliar a capacitación dos patróns costeiros polivalentes e favorecer a remuda xeracional
Galicia sitúase á vangarda nesta oferta formativa que permite aos patróns costeiros polivalentes adquirir os coñecementos necesarios para actuar como primeiros oficiais de ponte en buques de pesca de ata 42 metros de eslora
A Xunta reforza o equipamento das agrupacións de Protección Civil de Soutomaior, O Rosal e Ponteareas coa entrega de tendas de campaña de emerxencias
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, fixeron entrega deste material que permitirá mellorar a atención das incidencias.
Fernández-Tapias anuncia a cesión gratuíta ao concello de Vigo de dúas parcelas do CCVV na rúa Santiago
A presidenta do organismo rehabilitador e delegada territorial da Xunta en Vigo enmarcou esta decisión na vontade de colaboración co goberno local no desenvolvemento do ámbito da panificadora
A Xunta colabora co concello de Mondoñedo na mellora da seguridade viaria no Camiño do Norte
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou co alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, o convenio a través do cal a Xunta destina case 262.000€ para adaptar o último tramo da N-634 antes de acceder ao municipio ao tránsito peonil de veciños e peregrinos
A Xunta destinará este ano máis de 1,5 M€ en axudas para que os mozos galegos poidan mercar a súa vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes
A nova convocatoria prevé subvencións por un importe máximo de ata 10.800 euros co fin de favorecer o asentamento de persoas menores de 35 anos en municipios destas características, que no caso de Galicia son 257