Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

14/03/22 | 12:46 | C. de Economía e Industria

Conde reunirase co presidente de Colombia nunha misión comercial que inicia mañá ao país cunha delegación formada por medio cento de empresas e clústeres galegos

Trátase dunha viaxe que se enmarca no labor de acompañamento que a Xunta de Galicia está a facer ao tecido empresarial galego para impulsar a súa internacionalización

14/03/22 | 12:38 | C. de Sanidade

Gabriel Alén supervisa o remate das obras do centro de saúde de Vilamartín de Valdeorras nas que a Xunta investiu preto de 43.000€

O delegado territorial destacou que nos últimos anos puxéronse en marcha novos centros de saúde como o de A Merca, Toén, Entrimo, Vilar de Santos, Vilamarín, Barbadás, Pontedeva, Pereiro de Aguiar e Paderne de Allariz e as reformas de A Peroxa (Os Peares) e de Carballeda de Avia, mentres que xa se iniciou as reforma de centro de saúde de Arnoia

14/03/22 | 12:36 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 19.462 casos activos por coronavirus

Un total de 497.136 pacientes xa están curados

14/03/22 | 12:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora de firme en dous tramos antigos da estrada AC-432 no concello de Vimianzo cun investimento de case 46.000€

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, supervisou o inicio das obras que se realizaran nos puntos quilométricos 2+000 (Calo-Bribes) e 7+000 (Tras do Cean)

14/03/22 | 12:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 588.000€ aos dez concellos de Terras de Pontevedra e do Norte do Morrazo para a mellora de camiños ao abeiro do Plan marco

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou desta resolución nunha visita de supervisión ás obras realizadas coa anterior convocatoria na aldea de Nores, no Concello de Vilaboa, xunto ao alcalde, César Poza

14/03/22 | 11:35

A Xunta avoga en Vigo por políticas de conciliación e corresponsabilidade que promovan a flexibilidade horaria e un bo uso dos tempos nas empresas

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe nunha xornada sobre plans de igualdade organizada pola Asociación de Industrial do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime)

14/03/22 | 11:33 | C. de Economía e Industria

Conde avalía co novo director do Cesga os novos retos no marco do Polo de Tecnoloxías Cuánticas

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co responsable do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), Lois Orosa, que vén de asumir o cargo

14/03/22 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 17 ofertas para executar as obras de renovación do saneamento de Vilagarcía de Arousa, que comezarán a finais de verán, cun investimento de case 10 M€

Renovaranse os colectores na avenida de Rodrigo de Mendoza e executaranse dous tanques de tormentas e un treito de colector na avenida de Cambados co obxectivo de solucionar os problemas nas redes

14/03/22 | 11:09 | C. do Medio Rural

O servizo de prevención e defensa contra os incendios da Xunta instrúe a alumnos de Formación Profesional de Santiago nas funcións dos efectivos contra o lume

En concreto, desprazáronse ao CIFP compostelán unha axente ambiental, unha brigada de bombeiros e unha motobomba con condutor do Distrito Forestal III, para mostrar como actúan ante os incendios e nas tarefas do seu día a día

14/03/22 | 11:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade na estrada autonómica OU-636 en Larouco

O delegado territorial da Xunta e a alcaldesa comprobaron esta mañá o inicio dos traballos