Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

13/03/22 | 10:47 | C. de Sanidade

A Xunta inicia dende hoxe o peche progresivo dos grandes recintos de vacinación

Agás no caso da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que continuará a vacinar nos grandes recintos ata o 21 de marzo; desde mañá luns, a administración das vacinas levarase a cabo nos hospitais do Servizo Galego de Saúde

13/03/22 | 10:44

A Xunta lanza a campaña 'Casualidade ou Desigualdade?' para avanzar cara a equidade salarial e a mellora da conciliación

A iniciativa, dirixida especialmente ao tecido empresarial, incide en tres aspectos: a importancia de fomentar unha redistribución de roles, a igualdade salarial e a promoción de postos de responsabilidade entre as mulleres para corrixir as discriminacións por xénero

13/03/22 | 10:38

A Xunta analiza colaborar na obra para revitalizar a praza pública do núcleo rural de San Cibrao das Viñas

Ángeles Vázquez indicoulle que a Dirección Xeral de Urbanismo estudará o proxecto, co fin de determinar os termos da futura cooperación

13/03/22 | 10:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Convocadas as axudas complementarias do programa Erasmus+ para estadías no estranxeiro do alumnado de ensinanzas artísticas superiores

A contía mensual oscilará entre os 125 e os 195 euros ao mes en función dos países de destino

12/03/22 | 21:05

A Xunta reafirma en Sanxenxo o seu apoio á Federación de mulleres de Pontevedra e aposta polo asociacionismo para avanzar cara a igualdade

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, interveu hoxe na entrega dos Premios Mulleres Femupo, un colectivo que o Goberno galego apoiou en 2020 e 2021 con 35.000 euros a través dun convenio de colaboración para loitar contra a violencia de xénero

12/03/22 | 14:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o proxecto 'Os cocidos do Camiño' como escaparate internacional da gastronomía galega nas rutas xacobeas

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, presentou en Lalín unha iniciativa que busca a irmandade de Galicia con outros territorios que cociñan este tradicional prato

12/03/22 | 13:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reafirma o compromiso coas agrupacións de voluntarios de Protección Civil polo seu reforzo aos servizos de emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu esta mañá ao acto de entrega da Insignia da Ouro do Concello de Oroso á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do municipio

12/03/22 | 13:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A revista científica ‘Ágora do Orcellón’ réndelle tributo á doutora Marisa Crespo, gañadora do premio homónimo, co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística participa no acto de entrega do galardón e na presentación da nova edición desta publicación

12/03/22 | 12:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta certifica a excelencia do Real Club Náutico da Coruña co selo Galicia Calidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, participaron no acto de izado da bandeira coa que contan xa 14 clubs náuticos de toda a Comunidade