Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

10/03/22 | 14:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que Smartiago permite xa avanzar na prestación de servizos innovadores á cidadanía de Santiago

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou xunto con responsables do Concello de Santiago algunhas das actuacións realizadas dentro desta iniciativa que conta co apoio da Administración autonómica

10/03/22 | 14:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta unha visión contemporánea do teatro medieval galego e portugués coa nova edición do ciclo ‘Clásicas desfeitas’

A iniciativa desenvólvese ao abeiro do programa de residencias artísticas do Gaiás para apoiar o talento e levar o teatro máis aló das táboas tradicionais, ocupando espazos arquitectónicos naturais para a creación escénica

10/03/22 | 14:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias avanza que a ampliación do Ifevi estará finalizada a finais de marzo

A representante autonómica na cidade defende a compatibilidade do uso expositivo e deportivo no recinto feiral, como así o demostra a celebración este mes do World Padel Tour, que poderá dispoñer dos vestiarios do novo pavillón

10/03/22 | 14:21

A Xunta recolle as achegas dos propietarios de terreos nas Fragas do Eume para deseñar un Plan reitor que combine a protección do parque co seu aproveitamento

Belén do Campo explica que o futuro documento concretará unha nova zonificación das case 10.000 hectáreas que ocupa este espazo natural, especificando os usos permitidos e restrinxidos desde o punto de vista agrogandeiro, forestal ou recreativo

10/03/22 | 14:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 208 centros de toda Galicia participarán este curso na nova edición do ‘Navega con rumbo’ para promover o uso responsable de internet

A Xunta e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia colaboran no desenvolvemento desta iniciativa

10/03/22 | 14:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta habilitou desde 2016 case 200 quilómetros de sendas seguras, sustentables e integradas na paisaxe nas estradas autonómicas cun investimento de 50 M€

Francisco Menéndez destaca que a 1ª fase do Plan de Sendas xa está case rematada e as obras relativas á segunda están en pleno desenvolvemento

10/03/22 | 13:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A contorna do consistorio e da Cámara agraria de Dozón serán máis seguros e accesibles este mesmo mes

Luis López informou que as obras de mellora e urbanización deste espazo público, que rematarán en marzo, consistiron na corrección dun desnivel de máis de dous metros, o incremento das zonas peonís e a mellora estética e funcional da contorna

10/03/22 | 13:48

A Xunta ofrecerá formación gratuíta básica en prevención de riscos a máis de 1.000 traballadores

A Consellería de Emprego e Igualdade desenvolve o primeiro dos cinco cursos de prevención de riscos laborais de nivel básico que lanzará este ano a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) con 1.100 prazas en total

10/03/22 | 13:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta garante o apoio á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo para a súa atención á cidadanía

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou esta mañá aos efectivos da agrupación para coñecer o seu funcionamento e as súas demandas

10/03/22 | 13:40 | C. de Política Social e Igualdade