Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta adxudica por máis de 660.000 euros as obras para a implantación de tratamento biolóxico na depuradora de Vilaboa
Trátase de mellorar o sistema de depuración desta planta dotando a instalación de tratamento secundario de augas residuais co obxectivo de cumprir os parámetros das directivas europeas no tratamento da materia orgánica vertida
O CGAC ofrece unha mirada sobre a relación histórica e artística entre España e Perú coa mostra ‘Buen Gobierno’ de Sandra Gamarra
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a exposición da creadora peruana producida pola Comunidade de Madrid para a Sala Alcalá 31
Poderase visitar en diferentes espazos do Centro Galego de Arte Contemporánea desde mañá ata finais de maio
A Xunta explica en Mondoñedo os recursos que achega para impulsar a innovación e a expansión das empresas locais
O delegado territorial, Javier Arias, participou na última parada na provincia da iniciativa Camiño de futuro, que días atrás recalou en Baleira e Bóveda
O Sergas publica as puntuacións provisionais de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario
Xeráronse un total de 20.944 inscricións
A Xunta de Galicia destina 1,7 millóns de euros a equipar a fase 0 do novo CHUAC
O Portal de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a licitación dun contrato de equipamento que inclúe 35 camas para a UCI, 45 de hospitalización xeral e equipos por case 700.000 euros para a nova farmacia hospitalaria
A Xunta remata a renovación de servizos, equipamentos e medidas de seguridade no auditorio municipal de Crecente
O delegado territorial, Luis López, e o alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, supervisaron esta actuación, realizada a través dun convenio entre ambas administracións cun investimento de 35.000 euros
A Xunta adxudica por máis de 205.000 € as obras de construción dun novo muro de protección na marxe do río Mero en Ponte Peiraio, no concello de Cambre
Actuarase no noiro de sostemento da senda fluvial sobre a marxe esquerda da canle do río, acondicionando tamén o treito do itinerario soportado por este
Arias destaca que a Xunta reforza este ano o seu apoio á cultura con medidas para retomar o crecemento do sector
O delegado territorial de Lugo visitou a Sala Tebras, un dos locais beneficiarios da convocatoria de axudas para a programación musical do Xacobeo
A Xunta concede case 145.000 € en axudas para executar proxectos na área de influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas
Entre as 27 actuacións subvencionadas cómpre salientar as obras na caseta municipal da praia de Rodas, a mellora do subministro de auga en Bretal-Olveira, en Ribeira, ademais doutros proxectos promovidos por entidades sociais, empresas e particulares