Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia solicita ao Goberno corrixir o rumbo na repartición e xestión dos Fondos Europeos
En resposta a unha pregunta parlamentaria, o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, defendeu a experiencia das comunidades autónomas na execución destes recursos fronte a unha distribución marcada polo centralismo, a discrecionalidade e a lentitude
Conde asegura que sen marco enerxético estable ningunha medida será suficiente para garantir a viabilidade da industria electrointensiva
Reitera que a Xunta está ao carón dos traballadores e lembra que o Goberno galego declarou este sector esencial e estratéxico, participou na solicitude de medidas cautelares para que non pararan as cubas e na impugnación do ERE en Alcoa, ademais de solicitar fondos europeos Next Generation para o aluminio
Rosa Quintana apela a seguir avanzando na profesionalización das mulleres do mar de Galicia
Destacou a necesidade de apoio por parte do Goberno do Estado e das institucións europeas para impulsar a incorporación das mulleres ás estruturas de decisión do sector marítimo-pesqueiro, a súa empregabilidade e desenvolvemento profesional como motor de crecemento económico
A Xunta avoga en Vigo pola colaboración público-privada para que Galicia lidere unha transformación tecnolóxica para o emprego “equilibrada e sostible”
A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, participou hoxe no XXII Foro Tecnolóxico de Emprego, onde destacou o papel fundamental da Universidade nesta transición para impulsar o crecemento económico unido á igualade de oportunidades
Galicia incrementa as prazas de acollida para refuxiados da guerra de Ucraína a máis de 1.400
A Comunidade autónoma suma outras 400 prazas ás remitidas a semana pasada, que proceden tanto da Administración autonómica e local como das entidades sociais e de particulares
A Cidade da Cultura arranca a emisión do videopodcast ‘Conversas na balea’ cun primeiro episodio arredor da muller no eido da produción e promoción musical
Raquel Seijo, promotora musical responsable das actuacións en Galicia de artistas como Björk, Muse ou Shakira, e Andrea González, pianista, xestora musical e directora do festival internacional de teclado IKFEM, son as convidadas da primeira entrega
A Xunta envía ao Concello da Fonsagrada o informe de viabilidade da conexión ao futuro polígono
Javier Arias confirmou que a Axencia Galega de Infraestruturas remitiu hoxe o documento coas directrices que deberá ter en conta o goberno local á hora de redactar o proxecto técnico e solicitar a autorización de obra
Ethel Vázquez avanza que o Consello da Xunta aprobará mañá o proxecto de Lei mellora da xestión do ciclo integral da auga, que redundará na protección da saúde ambiental das rías
Vázquez Mourelle subliña que esta Lei suporá a profesionalización da xestión dos servizos, camiño necesario para optimizar a calidade das masas de auga das rías
Patrimonio cultural autoriza a mellora do entorno do Calexón Balado proposta polo concello de Vigo, condicionada a controis arqueolóxicos
A intervención para a que se solicita autorización atópase no ámbito do xacemento do Areal polo que non se descarta a existencia de rexistros arqueolóxicos
A Xunta achega ás pemes do sur da provincia de Lugo instrumentos de apoio para potenciar a súa competitividade e crecemento
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, participaron hoxe en Bóveda na segunda etapa da iniciativa Camiño de futuro, que realizará un total de 14 encontros por toda a xeografía galega para difundir os instrumentos de apoio ás empresas, así como dar a coñecer casos de éxito empresariais